sábado. 03.05.2025
El tiempo

6 patinadoras costeiras aprenden en Portugal cos mellores do mundo

6 patinadoras costeiras aprenden en Portugal cos mellores do mundo
patinadoras-costeiras-en-portugal

6 nenas do club patinaxe artistico Costa da Morte (Noa, Xiana, Anthía, Laura, Ainhoa e Neusa) participaron nunha tecnificación impartida por uns profesionais portugueses en Braga. Doura Cunha e Pedro Craveiro, son adestradores dos subcampións europeos de libre e bronce en parellas de artistico, e compartiron os seus saberes coa expedición costeira.

Foron 3 días moi intensos (do 26 ao 28 de decembro) con preparacións fisicas, entrenos en patines, coreografias, etc... Foi a primeira, e inesquecible, experiencia deste tipo para as pequenas costeiras, que esperan repetir para o vindeiro ano.

Agora toca descansar ata o ano que vén para coller con forzas a nova tempada!!!

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios