650 peque-xogadores farán de Carballo a capital do Baloncesto polas Letras Galegas


Menudo lío se vai montar en Carballo este vindeiro mércores 17 de maio. Serán 650 xogadores de 55 equipos os que converterán Carballo na capital do baloncesto no Día das Letras Galegas. O Pavillón Carballo Calero acollerá V Pequebasket, unha data subliñada no calendario de clubs de Viveiro, Ourense, Lugo, As Pontes, A Coruña, Santiago, Ferrol, Porto do Son, Sarria, Teo, Vigo, Culleredo, Ponteceso, Cee, A Laracha e, como non, Carballo.
Os organizadores, Escola Basket Xiria, xunto con Concello, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, presentaba onte esta xornada de convivencia, deporte, saúde e amizade.
Unha cita de referencia, como demostra que houbese que pechar a inscrición 11 días antes do previsto. E iso que o presidente do club, Marcos Molk, soña con meter 1.000 nenos no pavillón, pero por aora o presuposto non dá para tanto. “Os cartos para o Pequebasket –engadiu- non son un gasto, son un investimento de futuro: en educación, en adestradores, en saúde”.

Como novidade, o vindeiro mércores non visitará o Pavillón Carballo Calero o ata este ano padriño do Pekebasket, Fernando Romay, pero si está confirmada a presencia de varios xogadores do primeiro equipo do Obradoiro.
O alcalde de Carballo lembrou os nacementos de varias das seccións de Xiria no ano 1983. “Pero o que é máis importante de todo –dixo- é que moitas persoas que formaron parte de Xiria desde hai moitos anos sigan vinculadas ao club, porque o que claramente demostra isto é que os proxectos que teñen sentido son os colectivos, e os proxectos colectivos son os que lle dan vida a un pobo”.
Os 55 equipos participantes son:
CB Viveiro de Lugo AD Bosco Salesianos de Ourense Franciscanos de Lugo EDM Ponteceso CB As Pontes CD Los Rosales de A Coruña ADM Peleteiro de Santiago CB Mercedarias de Ferrol CB Costa Artabra AD Franciscanos de A Coruña CB Porto do Son CB Artai de Carballo CB Sarria Cristo Rey de A Coruña CD San José de Cluny de Santiago CB Basquet Coruña CB Universitario de Ferrol Estudiantes de Lugo Club Jesuitinas de A Coruña CD Galogrin de Teo ACB Costa da Morte de Cee CD María Auxiliadora de Lugo Celta Baloncesto de Vigo Basket School de Ferrol CB Culleredo AAA Dominicos EMB A Laracha Escola Basket Xiria Novas relacionadas- 55 clubes participan na V edición do Pequebasket.
- A Deputación destina máis de 9.000€ ao gran premio de carrilanas de Esteiro e ao Pequebasket de Carballo
- 600 familias disfrutarán co Día do Pequebasket
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Basket Xiria