xoves. 01.05.2025
El tiempo

O equipos do Basket Xiria póñense en marcha

O equipos do Basket Xiria póñense en marcha
Basket Xiria Junior Feminino Fichaxes do equipo Senior do Basket Xiria As novas fichaxes do equipo Senior do Basket Xiria

Comeza a temporada para a numerosa familia do Basket Xiria. Despois dun máis que exitoso 10º aniversario, afronta a nova tempada con moito retos, entre os que destaca a creación do primeiro equipo sénior feminino da historia do club carballés.

Un Vázquez y Reino EBX Senior Feminino que vai completando o seu plantel, e faino coas novas fichaxes de Sara Lázara e Laura Domínguez. As xogadoras procedentes do ADM Peleteiro de Santiago de Compostela, volverán coincidir na súa nova etapa co adestrador Javi Varela con quen xa compartiron equipo no clube santiagues fai tres anos, ano no que acadaron ó titulo de campionas da Copa Galicia Cadete Feminina e obtiveron o terceiro posto na Liga Galega.
Sara Lázara, con dezaoito anos e metro setenta e oito de estatura, ven a reforzar o xogo exterior e mailo interior do equipo carballés. E Laura Domínguez, con dezasete anos e metro oitenta de estatura, reforzará o xogo interior do equipo, que xogará por primeira vez na súa historia na 2ª división autonómica.

Os Junior, xa en marcha

Basket Xiria junior masculino

Os que xa están en marcha son os Junior do Ortodix Basket Xiria, que esta fin de semana tiñan doble cita, sumando unha victoria fronte a CB Culleredo 57-61 , e caendo derrotados en Santiago por 75-61 fronte a Instituto Rosalía

As Junior, camiño da Liga Galega

Xogaba o Peugeot Dimolk Basket Xiria o primeiro partido de Ascenso a Liga Galega Junior Femenino, pero caían en Santiago ante Pio XII Rosalia por 55-28. Non puideron facer nada as carballesas ante un dos conxuntos favoritos para facerse con unha das plazas que otorgan a posibilidade de disputar a Liga Galega.

Así e todo, quedan coas boas sensacións, pois pese ás lesións de Ichi, Lola e Ainara, que non puderon disputar o encontro, e de Ana Grille, que xogou pese a unha sobrecarga no aductor, competiron moi ben.

Basket Xiria Junior Feminino

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios