A APP estará operativa para a primeira xornada das Ligas da Costa
08:05 06/09/14
Xa arrinca a nova temporada para o Fútbol da Costa. Se na Preferente Dumbría e XSC xa xogaron o primeiro partido o resto de categorías empezan esta fin de semana. E para poder facer un seguemento completo, teremos a APP “Fútbol da Costa” en funcionamento.
Así, ademais de na plataforma www.futboldacosta.com, poderedes ver os resultados nos vosos smartphones a través da aplicación dende os campos de fútbol, sempre a cobertura non xogue unha mala pasada.
Descarga a APP
Patrocinadores
Temos que agradecer aos patrocinadores deste curso do Fútbol da Costa. Este ano teremos aSenra Sport patrocinando a Preferente; a Clínica Vértebra patrocinando a 1ª; ES Bazarrapatrocinando a 2ª; a Clínica Xunqueira a 3ª Autonómica; Máis Deporte patrocinando os Xuvenís e Aluminios Dumbría patrocinando as Ligas Galegas.Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
- O Coristanco faise co título da Supercopa de Veteranos.
- Bos partidos na última fin de semana de pretemporada.
Novas relacionadas
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- David Castro: O Marc Márquez do fútbol costeiro debuta na Liga da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).