A bestia negra frea ao Conservas Boya

Un ano máis o Bueu segue sendo a besta negra do Camariñas. Sete son os enfrontamentos que levan o Bueu e o Camariñas desde o ano 2000, e todos eles finalizaron con vitoria para o equipo pontevedrés, e neste último partido era a única vez que o Camariñas estaba por diante na clasificación.
Pero non puido ser, o nerviosismo por unha banda, a menor intensidade defensiva e o bo labor técnico do Bueu, que traía o partido moi ben preparado, foron as causas de que o Bueu impuxésese ao lider da 1ª Autonómica do Balonmán Galego, o Conservas Boya. Un Conservas que, malia a derrota, segue mandando na clasificación e con todas as aspiracións intactas.
Datos do encontro

- Resultado: Conservas Boya Balonmán Camariñas, 30 - Bueu Atlético, 34.
- Conservas Boya: Félix (p), Víctor (p), Alan (3), Fari (2), Diego Alonso (2), Felipe (4), Quin (9), Canedo (5), Canedo (2), Moncho (2), Salva (2), Caamaño (3), Catalán (3), José Ramón, Xabi (1).
O Bueu cun gran 7 inicial comandado por Soliño, colocouse por diante no marcador e souberon xogar con el ante un Camariñas intranquilo, coa portería menos acertada do habitual. En cambio a portería do Bueu foi a que marcou as diferenzas, detendo os contraataques e as ocasións en que o Camariñas máis presionaba.
Polo Camariñas hai que seguir destacando o labor de conxunto, aínda que como contrapartida o encaixar 34 goles rompeu a súa boa serie defensiva.

Vindeira cita
O vindeiro sábado outra final contra o Viña Costeira en Ribadavia, segundo clasificado.
Máis información
Novas relacionadas
- O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando.
- A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán.
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.