Mércores. 03.06.2020
El tiempo

A bitácora da semana (CXIX): Encontros a vela Aspadex-Apem

A bitácora da semana (CXIX): Encontros a vela Aspadex-Apem
De primeira man podemos coñecer como se está desenvolvendo o proxecto Encontros a vela Aspadex/Apem 2011. Dende a nova bitácora que vén de abrir Cataventos Escola de Vela podemos ollar paso a paso como os usuarios dos centros para discapacitados Aspadex e Apem abránzase co mar. A Escola corcubionesa ten como forma de vida o achegar o mar a toda a poboación da bisbarra. E o fai de arriba abaixo, xa que ademais de romper as barreiras para os usuarios dos centros, están a achegar o mar aos centros escolares da bisbarra a través do programa O Mar na Escola.

Novas relacionadas

Bitácoras anteriores

Fonte

comentarios