A canteira da Costa da Morte demostrou o seu potencial no Torneo de Cabana


Esta pasada fin de semana o campo das Redondas acolleu o III Torneo de Fútbol Base Cabana S.D. Un torneo no que participaron equipos de toda a provincia en categorías benxamín e alevín. Equipos da entidade do Luís Calvo, do Vitoria, do Ciudad Jardín, e do Corcubión, do Cerceda, do Ponteceso ou do Cee. E precisamente os nosos equipos estiveron á altura e acadaron moi bos resultados.
Os protagonistas volveron ser os cabaneses, que seguen a demostrar que o éxito das súas categorías base non é por casualidade. Hai dúas semanas os cadetes quedaron as portas da Liga Galega, e hai dous anos que o equipo xuvenil competiu cos mellores do país.
Categoría Alevín
Foi precisamente o equipo Alevín do Cabana a sensación do torneo. Os locais quedaron campións tras vencer na final por un apretado 2-1 ao Ciudad Jardín. Por detrás, e entrando no podio, chegaron os camariñáns das Baleas, que caían en semis ante os locais, pero que superaban ao Corcubión no 3º e 4º posto.


Categoría Benxamín

Pola súa banda, en categoría benxamín, os campións foron os carballeses do Luís Calvo, toda unha potencia en materia de canteira. Pero difícil llo puxeron os pequenos de Cee, aos que só puiceron superar por un apretadísimo 1-0. O Cabana, que caía ante o Cee na tanda de penaltis nas semifinais, quedou no 3º posto, tras vencer, tamén na rolda desde os 11 metros, ao Laracha, tras quedar 3-3 nun auténtico partidazo.


Resultados Alevíns


Resultados Benxamíns


Gran traballo das categorías inferiores do Cabana, e tamén do resto de equipos costeiros que participaron neste torneo, que xa se está a confirmar como unha cita ineludible para os máis pequenos no final de temporada.
Nova relacionadas
- O Cabana quedouse a un gol da Liga Galega Cadete.
- Copadacosta: O Soneira deixa sentenciada en Castriz a final da Copa da Costa.
- Copadacosta: Un pouco de historia do Castriz e do Soneira na Copa da Costa.
- Entrevista co n HuelvisQuentando a final da Copa cunha Entrevista a Huelvis.
- Repaso ao novo Plan Competicional da Federación para a campaña 2012-2013.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Citas deportivas do verán
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).