Martes. 23.04.2024
El tiempo

Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia

Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia

Mentres se segue disputando o Campionato de Barrios de Esteiro e Baño agarda polo seu Torneo, a vila muradá de Esteiro xa prepara a area da praia. I é que durante o mes de xullo haberá dúas citas.

Triatlón de Esteiro

O sábado 2 de xullo toca cita co Triatlón. A partir das 18:00h o porto de Esteiro encherase de deportitas que terán que superar 500m a nado, 9 quilómetros en bicicleta para rematar correndo durante outros 3 quilómentros.

Aínda se poden inscribir ata o 30 de xuño na NCG, ingresando 5€ no número de conta: 2091 0038 21 3040004473.

Fútbol praia

Ademais, os 22, 23, 24 e 25 de xullo terá lugar o IV Torneo de Fútbol Praia de Esteiro. Haberá máis de 1.500€ en premios, hai 3 categorías (masculino, feminino e entre 8 a 14 anos) e poden formalizar a inscrición (cota de 50€) ata o 20 de xullo no teléfono 619 555 830.

Máis información

Citas deportivas do verán

Novas relacionadas

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios