![Marato 3x3 e Concurso de Punteirolos da Cherinkas en VImianzo]()
Un nadal máis a Asociación Cultural Cherinkas organiza, en colaboración co Concello de Vimianzo, a sexta edición do Maratón de fútbol 3x3 que se vai convertendo na actividade deportiva referente do Nadal da Bisbarra. Este ano celebraremos a 3ª edición do concurso de punteirolos que tanta expectación levanta entre todos os participantes.
- DATA: Sábado 26 de decembro
- LUGAR: Pavillón Municipal de Vimianzo
- INSCRICIÓN: 20 Euros (Telf: 686605380) ou por correo a conta de facebook da A.C.Cherinkas. Máximo 5 xogadores por equipo. O prazo estará aberto ata o día do sorteo.
- SORTEO: Venres 25 ás 21:30h. no Bar London
- EXTRA: III concurso de PUNTEIROLOS.
Haberá premios para os 4 primeiros clasificados.