Sábado. 07.09.2024
El tiempo

A comarca irmandiña de Soneira ponse a correr

A comarca irmandiña de Soneira ponse a correr
Ponse a correr con varias citas atléticas a Costa da Morte. Se este sábado terá lugar a 5ª Carreira Pedestre, a xente do Asalto vén de abrir o prazo de inscrición para a IV Legua Irmandiña.

800 atletas en Zas

A Carreira Pedestre de Zas celebra o seu 5º aniversario cun alto nivel de participación Cerca de 800 deportistas participarán na proba que se disputa este sábado pola tarde, nunha proba deportiva que se enmarca no V Circuíto Correndo pola Costa da Morte. As probas comezan ás 17:00 horas e tanto a saída como a meta estará ubicada na praza do Concello de Zas. Os primeiros en saír serán os/as participantes das categorías benxamíns e alevíns. A continuación, ás 17:30 horas, farano os das categorías infantil, cadete, xuvenil e os da 3k Contra o Cancro. Ás 18:10 horas arrincarán os da 10K Sénior, M40 e M50 e Adaptada. E xa por último, ás 19:30 horas sairán os pitufos. O de Zas está considerado como un dos circuitos “máis verdes” debido a que unha boa parte do percorrido adéntrase en zonas cargadas de vexetación e sen asfalto. O trazado discorre polas parroquias de Zas, Castro e Loroño para bordear o monte do Castro. A climatoloxía, segundo o estiman as previsións, será a propicia xa que durante a tarde do sábado agárdanse temperaturas agradables sen risco de choiva nin de vento.

Inscricións da Carreira Irmandiña

A IV Legua Irmandiña inaugura a gran semana do XXIII Asalto ao Castelo de Vimianzo. Esta carreira de espírito irmandiño celebrarase no serán do sábado 30 de xuño. Trátase dunha carreira popular vertebrada co Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida, sendo a categoría absoluta a Legua, cunha distancia de cinco quilómetros e medio aproximadamente. A cita está organizada polo club de atletismo Terra de Soneira, a asociación Cherinkas e o Concello de Vimianzo. Os actos da proba concluirán con animación musical no foso do castelo, alén da cerimonia de entrega de premios e do avituallamento. A data límite de inscrición para todas as categorías será o xoves 28 de xuño ás 23h59. Realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, tanto para os deportistas de categoría absoluta, coma para os de categoría inclusiva e de base. Custará 5€ para categoría absoluta e gratis para o resto de modalidades. Imaxe do ano pasado

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/alcaldes-e-tecnicos-deportivos-reconecen-o-exito-do-circuito-correndo-pola-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/vimianzo-preparase-para-a-chegada-dos-irmandinos/

Comentarios