mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Copa da Costa arrinca por Nadal

A Copa da Costa arrinca por Nadal
Cadro da Copa da Costa 2016 665

Nunhas datas do máis estranas, temos a primeira cita completa ca Copa da Costa 2016. A ida dos Dezaseisavos de final, con 32 equipos en liza, terá lugar esta fin de semana do 26 e 27 de decembro, pola contra dos anos anteriores nos que os xogadores podían disfrutar dunhas boas vacacións. En todo caso, a volta non será ata finais de marzo, polo que quedará aí en terra de ninguén.

Temos varios enfrontamentos interesantes, como ese Soneira-Outes cos dous equipos da 1ª que tiveron que superar, sen demasiados problemas, a Previa. Teremos tamén un choque fantástico que reflicte a realidade da Liga da Costa. Zas e Ponteceso, 1º e 2º da 2ª Autonómica, enfróntanse en San Andrés para medir forzas. Polo otro lado do cadro, o choque máis igualado será o Sofán-Dumbría, un partido que dará que falar.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios