mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Copa Ibérica de Slalom, primeiro test do piragüismo costeiro

A Copa Ibérica de Slalom, primeiro test do piragüismo costeiro
Iago Canosa do Piragüismo Dumbría Iago Canosa do Piragüismo Dumbría Arranca por fin a tempada para o piragüismo da Costa da Morte. O CDM Piragüismo Dumbría, que leva xa entrenando dende o mes de novembro, emais o Club Sen Siras comezan un ano máis cunha cita internacional, a Copa Ibérica de Slalom, unha proba que se celebra na vila portuguesa de Covas, en augas do río Coura, e que será cita dos mellores piragüistas de augas bravas portugueses e galegos.

Presencia completa da familia do CDM

Este ano os de Dumbría acuden prácticamente ó completo, con once deportistas entre os que destaca presencia de Iago Canosa, que tras haber estado preparando a tempada en Abu Dabi xunto co técnico Pere Guerrero vai facer o seu primeiro test en competición oficial este fin de semán coa vista posta nos selectivos para entrar no equipo nacional que terán lugar en La Seu de Urgell e Pau dentro de pouco máis dun mes. En canto ó resto da representación dumbriesa, as opcions de medallas nesta competición son máis complicadas; con Marco Oreiro na canoa senior masculina, Kiara Martínez no Kayak xuvenil femenino. e Lorena Costa no Kayak cadete. Esta competición tamén está aberta a deportistas da categoría Infantil, de aqui o Dumbríes Marcos Sanchez Cancela, flamante Campeón de España terá muito que decir, ainda que estemos nun momento moi tempraneiro da súa tempada. A inscripción dumbriesa se completa cos kayaks de Cristian Martinez, Miguel Castro e Brais Perez na categoría masculina, e os de Xiana Castro e María Canosa na femenina.Copa Ibérica de Slalom 2016. Covas - Portugal. Lista de inscritos do CDM Piragüismo Dumbría.
  • Xefe de Equipo: Xosé Henrique Rodríguez Portela.
  • Abridor: Brais Sanchez Cancela.
  • K1 Senior Masculino: Iago Canosa Canosa.
  • C1 Senior Masculino: Marco Antonio Oreiro Caamaño.
  • K1 Xuvenil Masculino: Miguel Castro Costa e Cristian Martínez González.
  • K1 Xuvenil Femenino: Kiara Martinez Trigo.
  • K1 Cadete Masculino: Brais Pérez Domínguez.
  • K1 Cadete Femenino: Lorena Costa Rama.
  • K1 Infantil Masculino: Marcos Sánchez Cancela.
  • K1 Infantil Femenino: Xiana Castro Caamaño.

O Sen Siras agarda obter bos resultados

Tamén estará o club dumbriés e mazaricán do Sen Siras, con boa presencia, e coa intención de facer un bo papel. A nova máis destacada será que Jorge Quintáns chegará o venres directo dos Pirineos, onde leva adestrando unha semana no Canal Olímpico. Destacan que apesar de ser unha copa galego-portuguesa, vai ser sistema á española, con clasificatorias o sábado e finais o domingo.

A vindeira semana saberemos como lles foi este debut.

Do Sen Siras estarán:

  • Francisco Romar.
  • Eloy Pereira.
  • Jorge Quintáns.
  • Javier Trigo.
  • Antía Loira.
  • Aarón Rey.
 

Novas relacionadas

Fonte

  • CDM Piragüismo Dumbría.
  • Sen Siras.

Comentarios