Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte, potencia continental en Carreiras de Obstáculos

A Costa da Morte, potencia continental en Carreiras de Obstáculos

Tremenda a afección que se está xerando na bisbarra polas Carreiras de obstáculos. O rollo Gladiator está pegando forte gracias ao traballo de DaFIT, que ademais de competir a primeiro nivel europeo, está fomentando a participación da xente do ConcoBox en probas galegas. Esta fin de semana mentres os nosos gladiadores soneiráns Damián e Paula participaban no Campionato de Europa en Holanda, o equipo do ConcoBox achegábase a As Pontes á Samurai Race.

Triunfando en Europa

Paula e Damian-Gladiadores en Europa Paula e Damián en Holanda

Espectacular o que están conseguindo estes dous gladiadores soneiráns. Subir ao podio nunha Ocr European Championship, competindo cos mellores do continente, non é nada doado, e a camariñá Paula Esteiro pode presumir diso. Levou a bandeira galega ata o segundo chanzo do podio.

Un chaparrón deixou a Damián Espasandín sen podio, pois lle fixo esbarar nun dos novos e complicados obstáculos, e caeu ata o posto 12º (aínda pendente das modificacións).

Mentres, por equipos aínda foi mellor a cousa. Os Vengadores Beone, Damián, Dani Arazola e Jesús Montoto, quedaron entre os 10 primeiros na máxima categoria, Élite. Toda unha fazaña tendo en conta que son máis de 130 os equipos participantes.

Os Vengadores Beone en Holanda Os Vengadores Beone en Holanda  

Nas Pontes, o ConcoBox

Equipo ConcoBox na Samurai Race de As Pontes Equipo ConcoBox na Samurai Race de As Pontes

Mentres, nas Pontes de García Rodríguez, un equipo de deportistas da Costa, baixo o paraugas do ConcoBox de DaFIT, asistíu á esixente carreira de ostáculos Samurai Xtreme Race. A familia que adestra semanalmente en Dumbría alcanzou un soberano 3º posto por equipos, pero é que ademais o muxián Javi Barrientos foi campión na tanda raíña (Elite) mentres que dumbriesa Rosario Lema foi primeira na categoría Popular

Así, a participación costeira foi: na categoría Elite: Javi Barrientos (Muxía) Pedro Domínguez (Cee), Valentín Amigo (Cee), Dani Lema (Cee), Raúl Gonzalez (Cee). E na Popular:Rosario Lema (Dumbría), Berta Ozón (Mazaricos), Ismael M. (Muxía), Íñigo De Pazos (Corcubión), Laura Montero (Cee), Yolanda Bujeiro (Cee), Claudia Louzán (Fisterra) e Jesus trillo (Cee).

equipo ConcoBox na Samurai Xtreme Race de As Pontes Equipo ConcoBox na Samurai Xtreme Race de As Pontes  

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios