A Costa formou parte da Selección Galega Cadete
08:04 05/03/14
Participaba esta pasada fin de semana a Selección Galega sub-16 no Campionato de España de Seleccións en Zafra, Extremadura. E na expedición, dous membros da Costa da Morte. No campo, o bo de Juan de Dora, un loureán facendo historia no Dumbría da División de Honra Cadete. E no banco, Manuel Mira Llopis, fisioterapeuta costeiro e responsable do benestar físico dos rapaces.
Un empate ante a anfitriona e unha vitoria ante La Rioja válenlle aos galegos para clasificarse para a Fase Final. Unha vitoria na que ademais o noso rapaz se destapaba cun tanto importante, o segundo para romper a igualada e poñer o partido de cara.
Unha experiencia que vale ouro para un rapaz da nosa bisbarra.