Xoves. 19.09.2024
El tiempo

A Deputación subvenciona a adquisición de vehículos para os clubs de remo e piragüismo

A Deputación subvenciona a adquisición de vehículos para os clubs de remo e piragüismo
O Boletín Oficial da Provincia publicou onte as bases do programa de adquisición e cesión de vehículos aos clubs de remo e piragüismo da provincia da Coruña para a mellora da realización das actividades deportivas durante o ano 2016. Cunha dotación orzamentaria de 200.000 euros, a Deputación ten como obxectivo facilitar a realización de deportes acuáticos ás entidades que concorran a estas subvencións, nas que o importe máximo por vehículo solicitado non pode exceder de 30.000 euros. Só se poderá asignar un coche por cada club. O transporte requirido debe ter como finalidade, trasladar material deportivo e deportistas, cando asistan ás competicións nas que participan. Poden participar na convocatoria os 36 clubes de remo e piragüismo existentes na provincia da Coruña. Entre os criterios que se utilizarán para a concesión do vehículo a cada entidade avaliarase que o club sexa o único do concello ou o único da comarca, e que colabore coas escolas deportivas municipais ou con outros clubs da provincia. Requisitos Ademais para estas axudas terase en conta a necesidade de transporte de cada entidade, a referencia dos quilómetros percorridos por cada ruta, a participación en competicións deportivas, o uso diario do vehículo, o número de persoas usuarias ou se conta con persoal propio para o desenvolvemento dos distintos deportes e para o acompañamento no vehículo. O deputado responsable da áraa de Deportes, José García Liñares, afirmou que con esta liña de axudas, a Deputación da Coruña pretende apoiar aos clubes de remo e piragüismo, dous deportes cunha longa tradición na provincia, e axudalos a manter a súa actividade, que require con frecuencia desprazamentos a competicións nas que é necesario o transporte de material e persoas. O prazo de entrega dos vehículos oscila entre os 6 e 10 meses dende que se publique a resolución definitiva dos clubs beneficiados Fonte 

Comentarios