A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS
09:10 03/04/12
Foi o Fútbol Sala protagonista esta fin de semana. As mozas do Fisober veñen de facer historia mentres a o Distribuciones Barral sentenciaba unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee. Pero outra das boas novas chegábanos dende o sur.
Impresionante o equipo cadete da Esteirana de Fútbol Sala. O equipo esteirán, patrocinado pola perruquería Koletas de Tal, estase xogando os cuartos de final do Campionato Provincial de fútbol sala da categoría, e o camiño está aberto cara o ascenso á Liga Galega tras vencer o pasado domingo nun ateigado pavillón polideportivo de Esteiro por 5-2 ao, nada menos, Autos Lobelle de Santiago.
Unha fulminante segunda metade foi clave.
O partido de volta xogarase na capital de Galicia pero aínda non se sabe a data concreta.
- Na foto vemos a todo o equipo da Esteirana: Manuel Trillo, Jose Barreiro, Diego Vilouta (entrenador), Adrián Abeijón, Damián Souto, Manuel Fernández, Raúl Lestón, Manuel Tobío, Daniel Fernández, Eduardo Mayo e Adrián Riomao.
Novas relacionadas
- O Fisober fai historia.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Barrido de Torneos futboleiros na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).