A familia Anorthosis segue medrando
Nova xornada completa para a familia do Anorthosis, con encontros da Liga Nacional das mozas do Aluminios Xeal, do Anorthosis na 3ª Nacional, e con derbi soneirán na 2ª Galega.
1ª División Nacional Femenina, Grupo 1
- Resultado: Aluminios Xeal - Cidade de Narón (3-4).
- Resultado: Aluminios Xeal - CTM Coruña (2-4)
Seguen a súa marcha as rapazas do Aluminios Xeal nesta primeira participación na Liga Nacional e cada vez máis cerca das habituais e veteranas xogadoras da categoría. Así a punto estiveron de dar a sorpresa ante as do Cidade de Narón e incluso contra as xogadoras veteranas do CTM Coruña. Pero seguen desfrutando e aprendendo a grandes pasos e, esperemos que pronto, chegarán a superar a aquelas que hai un par de anos se consideraban inaccesibles. Teñen 2 puntos as zaenses, na antepenúltima praza.
3ª División Nacional, Grupo Centro
Xogadores do Anorthosis e do Club del Mar- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Club del Mar Juvenil (3-3).
O Anorthosis non é capaz de sacar adiante os seus encontros, notándose a falla de entrenamento, pero a base de experiancia e veteranía vai facendo puntos esto sen desmerecer do nivel dos rivais , que tamén conta. Moi bendesta vez Andrés Fagín conseguindo os dous puntos e Stevo desta ocasión si sacou un punto gañando un partido por 3-2. Non puido Gonchu facer nada positivo nesta xornada, unha forte dor no ombreiro dereito impediulle rendir coma nel é habitual.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Ponciano Nieto - Arteal Ventanas "B" (4-2).
- Resultado: Vimianzo TM - Oroso TM Trastes (4-2).
- Resultado: Bodegas Guuisseppe Anthony - Concello de Mazaricos (2-4).
- Resultado: Monte Porreiro - Concello de Zas Cernadas (5-1).
Nesta 2ª división galega segue o Concello de Zas Ponciano Nieto mostrandose como claro favorito deste grupo e así superou a outro dos aspirantes ao ascenso por un 4 -2 que ben puido ser máis amplo a pouco que estivesen acertados Brais e Juan Domínguez no 5º set dos partidos que perderon. Mostraron todos boa implicación no xogo e aínda así Miguel tivo que esforzarse para non verse sorprendido por José Arnejo.
Os rapaces, Martín e Raúl, do Concello de Mazaricos non deron creto ao que vían. Como dúas raparigas de 8 e 9 anos lles superaban e gañabanlles dous partidos aos mozos de 14 e 15 anos anos. Certo é que os tempos de entreno son os mesmos pero parecia como si lles desen pena as rivais. Non se deixou sorprender o nº 1 Javier e si fixo os seus dous puntos.
Os de Vimianzo TM foron superiores aos rapaces de Oroso e os dous puntos foron cedidos polos benxamíns Nico e Lucía que así ven materializado o seu esforzo nos entrenos e deixanlles xogar partidos. Este é un equipo que si segue entrenando así pronto estará entre os que ascendan.
Non sacou moito positivo da súa viaxe a Pontevedra o Concello de Zas Cernadas e mesmo pareceu que non lles aproveitou moito o almorzo da mañá. Sacaron só un punto ao Monte Porreiro, gañado por Manuel Costa de Cee, pero esperemos que respondan mellor en vindeiros encontros.
Vindeira xornada
3ª división nacional grupo centro- Sábado 21 de novembro de 2015 en Lalín as 10'30 h. CTM Lalín - Anorthosis Vimianzo
- Domingo 22 de novembro de 2015 en Sigüeiro (Oroso) as 11'00 h. Oroso TM - Anorthosis Vimianzo
- Sábado 21 de novembro en San Lázaro (Santiago) as 17'00 h. Arteal Ventanas "B" - Concello de Zas Cernadas
- Sábao 21 en Mazaricos, pavillón de A Picota. as 16'00 h. Vimianzo TM - Monte Porreiro Abanca de Pontevedra;
as 18'00 h. Concello de Mazaricos - Monte Porreiro Abanca de Pontevedra.
Máis información
- Clasificación da 3ª División Nacional Grupo Centro.
- Clasificación da 2ª División Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis.
- Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias.
- O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada.
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
Crónicas da temporada pasada
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).