Mércores. 11.09.2024
El tiempo

A Federación achégase a Baio este luns para tratar a seguridade nos campos da Costa

A Federación achégase a Baio este luns para tratar a seguridade nos campos da Costa
A Ambulancia no no Rodeiro entre Camelle e Lira A ambulancia tivo que levar ao porteiro do Camelle Carlos tras un forte golpe

Convocados quedan todos os clubs do Fútbol da Costa para a nova reunión que a Federación Galega vén de convocar para este vindeiro luns 13 de marzo na Delegación da FGS situada no Centro Sociocultural de Baio. O presidente da Federación, Rafael Louzán achegarase ás20:30h para atender as demadas dos clubs e para tratar dous temas importantes, devoltos á actualidade tralos duros sucesos acontecidos hai un par de semanas cos graves golpes de dous xogadores do Ameixenda e do Camelle e que convertiron a Carlos e Rafa, en heroes por accidente.

Así, a Federación tratará as Normas de Seguridade nas Instalacións Deportivas. Nesa liña, os representantes dos clubs están a propoñer e así llo trasladarán á FGF, a eliminación desas “vallas” de 80cm que teñen moitos campos, ou eses muros tan pegados ao céspede, representando un verdadeiro perigo para os nosos xogadores.

A xuntanza servirá ademais para tratar as novidades sobre a Mutualidade.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios