sábado. 03.05.2025
El tiempo

A Federación convoca unha reunión cos clubs da Costa para analizar a seguridade nos nosos campos

A Federación convoca unha reunión cos clubs da Costa para analizar a seguridade nos nosos campos
A Ambulancia chegou en 12 minutos ás Redondas A ambulancia tivo que aparecer nas Redondas

Despois dos sucesos acontecidos o pasado sábado nos partidos do Fútbol costeiro, cómpre facer unha reflexión común sobre a seguridade. Os graves golpes que sufriron o xogador do Ameixenda Rafa e o porteiro do Camelle Carlos, dan conta da necesidade de reformular os nosos campos. Precisamente, a través do grupo de whatsapp creado por QPC para a 3ª Galega, os representantes dos clubs propuxeron asinar unha carta pedindo novas medidas para os campos da Costa, facendo fincapé na necesidade de eliminar esas “vallas” de 80cm que teñen moitos campos, ou eses muros tan pegados ao céspede, representando un verdadeiro perigo para os nosos xogadores.

Parece que a Federación entendeu a gravidade da situación, e segundo informou aos medios o delegado da Costa, Manolo Corredoira, xa convocou unha reunión para o vindeiro luns 13 de marzo, ás 20:30h na nova sede da Federación en Baio para tratar o asunto da seguridade nos campos.

Á cita, na que tamén se tratarán temas de mutualidade, acodirá, unha vez máis, o presidente Rafael Louzán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios