A formiguiña avanza
22:24 15/01/17
Un novo tropezo do Baio (en forma de igualada) aumenta a catro puntos a vantaxe do aínda invicto Corme; a piques estivo a Costa de acadar o pleno de triunfos en Preferente e Primeira
O Outes Xuvenil celebrou a súa terceira praza
Todo no 2017 parece vir rodado para os equipos que representan á Costa da Morte de Segunda Galega para arriba. O pleno de triunfos en Preferente e as dúas vitorias en tres enfrontamentos en Primeira falan da boa saúde duns representantes ata hai pouco metidos nunha dinámica de irregularidade. Ademais, a Liga da Costa pouco a pouco da pasos rumbo a Corme, onde o representante local aínda non sabe o que é perder un encontro.
Foi a máxima categoría autonómica un viveiro de felicidade unha vez máis, co Xallas desafiando os límites da imaxinación e derrotando ao filial do Club Deportivo Lugo. Os combeses están a xa a só un punto da segunda praza, e a xulgar polo momento de forma poderían ser perfectamente candidatos a unha praza de promoción. Precisamente un dos grandes 'gallitos' caeu no Carral ante o Sofán, revelación da liga, nunha nova demostración de poderío. A boa nova é que esta vez o rendemento do Soneira acompañou tamén, cun triunfo chave en Bertamiráns e que eleva a seis de nove a xeira do Víctor Pazos no banco.
Tamén intratable está Pablo Mallón en Zas. O técnico carballés aínda non coñece a derrota como responsable do banco sportinguista, e comeza a poñer terra de por medio respecto á zona de perigo. Esa palabra está grabada a lume na cabeza dos futbolistas dun Outes que reaccionaron demasiado tarde na visita do Piloño, e deixaron ir un tren importante. Precisamente o que se agarra ao seu é un Dumbría que en Rianxo tirou novamente de oficio para dar outra lección de fiabilidade.
Aumenta a cinco o número de candidatos a levar a Liga da Costa. O empate do Baio aumenta a distancia dun invicto Corme ata os catro puntos, e resalta o papel de Mazaricos e Ponteceso. O 2017 parece ter recuperado a mellor versión dos de Barca, que superaron nun apretado choque ao 'bronce' ligueiro. Tamén o San Lorenzo parece agarrarse a esa remota última praza de privilexio, aínda que debe pulir unha mermada fiabilidade defensiva, que fai que nos últimos dous partidos en casa encaixara nove goles.
Sorprendeu na Terceira o partidazo reivindicativo do Ameixenda co líder Muxía, que deixa aos ceenses a menos de tres partidos de líder, e cunha sensación de ter potencialidade para loitar polo que sexa.
O último gran vencedor da xornada foi o Outes Xuvenil, que acadou a praza vacante para a liga definitiva.
PreferenteNorte, xornada 20
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 18
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 18
LigaGalega Xuvenil, xornada 17
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 13
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 17
LigaGalega Cadete, xornada 17
1ªCadete, xornada 14
LigaGalega Infantil, xornada 16
1ªInfantil, xornada 16
LigaAlevínSur, xornada 12
LigaBenxamínSur, xornada 12LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.