A lenda da petanca da Cherinkas continúa a golpe de torneo
Só os veredes xogando ao fútbol facendo parodias coma as da Copa da Costa. Os bravos da Cherinkas seguen apostando polos deportes minoritarios, como a Petanca, e senón que llo pregunten a Igor Damianov, unha das primeiras personaxes cinematográficas creadas polo Teatro du Cherinkas.
Esta pasada fin de semana tivo lugar no campo Municipal de Vimianzo o 8º torneo de Petanca, toda unha lenda, organizado pola asociación xuvenil soneirá. O torneo foi disputado por un total de 10 parellas que se dividiron en dous grupos e clasificaronse para semifinais os dous primeiros de cada grupo.
Ao final, Juan Miguel e Kiko facíanse co ansiado título, recuperando os tempos do gran John Michael, ex campión mundial estadounidense, o gran rival de Damianov...
Que dure a lenda da petanca!
Semifinais
- Juan Miguel/Kiko - Dani Costa/Chuchi(11-4).
- Óscar/Pedro - Damian/Marquitos (11-10).
- Juan Miguel/Kiko - Óscar/Pedro (11-10).
- Asalto ao Castelo, a traca final.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
- A Cherinkas saca novas camisetas e novos vídeos de Igor, a Lenda da Petanca.
- 2009: Miguel e Cho gañaron o V Campionato de Petanca da Cherinkas.
- 2008: Gran sorpresa no Campionato de Petanca da Cherinkas.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Juan Miguel/Kiko venceron con comodidade a Dani Costa/Chuchi, mentres que Óscar e Pedro venceron nun partido agónico que remontaron tras ir perdendo 9-3.
Final
A final foi moi igualada e non se decidiu ata a última bola, con empate a 10 e con bola gañadora para Pedro/Óscar, Kiko cunha maxistral tirada movía o boliche e sumaba o último punto para a súa parexa.