A natación e volei sitúan esta fin de semana á capital carballesa no centro do deporte galego

Doble cita de primeiro nivel esta fin de semana en Carballo. A Fase Interzonal de Voleibol, co Volei Xiria como anfitrión, así como a 4ª Xornada do Festival Comarcal de Iniciación á Natación Competitiva, na que o AD Fogar fará de equipo da casa.
Fase Interzonal de Voleibol

O Xiria Gestiber cadete feminino participa o domingo 6 de abril na Fase Final Interzonal de Voleibol que disputa xunto co Dompa Rúa Ourense, o IES Ames e o CV Santiago. O Xiria accede a esta fase despois dunha tempada na que se mantivo invito e na que tan só cediu un total de cinco sets. Aspira a clasificarse para os play-offs acadando un dos dous primeiros postos desta fase que dan dereito a disputar o ascenso para pasar da Liga Interzonal á Liga Galega de cara á tempada 2014-2015.
A Fase Interzonal inclúe catro encontros que se disputarán no Pavillón Carballo Calero: a primeira semifinal ás 10.00 horas entre o IES Ames e o CV Santiago; a segunda ás 12.00 horas entre o Xiria Gestiber e o Dompa Rúa Ourense; ás 17.00 hoas a loita polo 3º e 4º posto e ás 19.00 horas a final. Segundo explica o adestrador do Xiria Gestiber, Luís Outeiro, o equipo conta con dúas baixas importantes, xa que dúas das xogadoras, as centrais Uxía Caamaño e Ana Lista, están de intercambio co instituto en Francia e non poderán disputar os encontros. O Xiria suplirá as baixas con dúas xogadoras de categoría infantil e confía en ter posibilidades de clasificarse para a final.
150 Nadadores da AD. Fogar miden as súas forzas en Carballo

Este sábado día 5 de abril de 2014 e en sesión de tarde (16:00hs calentamiento e 17:00hs inicio probas) disputarase na Piscina Municipal Bergantiños de Carballo, a 4ª Xornada do Festival Comarcal de Iniciación á Natación Competitiva que reunirá a 115 promesas natatorias dás comarcas de Bergantiños e As Mariñas. E como vén sendo habitual farao a modo de exibición e en 3 nivels competitivos, iniciación, dominio e federados, que nadarán para deleite do público asistente as probas dous 25 e 50m pés braza e vos 25, 50, 100 e 200m braza. Ademais outros 35 nadadores de Carballo e Oleiros e das categorías alevín e infantil, nadarán na mesma sesión a 3ª Toma de Tempos Oficial dá tempada de face aos Campaonatos Galegos de Verán e na que se nadarán probas de Bolboreta, Costas e Libres en distintas distancias.
Ademais, a Piscina Municipal Bergantiños de Carballo vén de ser elixida recientemente pola FEGAN como sé do Campionato Galego Alevín de Natación de Verán previsto para vos días 28 e 29 de xuño de 2014 que contará como organizadores coa propia FEGAN e a AD.Fogar e como colaborador co Concello de Carballo.
Novas relacionadas
- O Volei Dumbría remata a Liga Galega cun pleno de vitorias.
- O Olimpia e o Fogar levaron 18 atletas aos Provinciais.