A Pipa: A historia de sempre

12:43 07/03/17

Tripla derrota en Preferente
Non sacaron puntos os tres equipos de Preferente nesta xornada, con derrotas pola mínima todas elas. O Xallas tiña un compromiso de altura coa visita ao Estudiantil, segundo clasificado, e un gol local, a falta de menos de quince minutos, supuxo a derrota para os pupilos de Iván Cancela, que se fixeron acreedores a un mellor resultado. Tamén buscou puntuar en Monforte o Sofán, ao que un tanto nos inicios da segunda metade, fíxolles regresar de terras lucenses co taboleiro a cero, pese ás oportunidades das que gozaron para lograr dar a volta ao marcador. En Vimianzo, o Soneira tiña un óso duro de roer no líder e case Terceira División, Noia, e o choque se decantou do lado visitante, pese a que os locais na segunda metade, envorcáronse en pos de alcanzar un mellor resultado que o 1-2 final. Na próxima xornada, gran partido en Paiosaco, onde o Xallas renderá visita ao terceiro clasificado coa intención de sumar puntos de face a estar na pelexa pola promoción de ascenso. En Sofán, derbi de gran necesidade para o Soneira, que necesita os tres puntos como auga de maio para poder ter opcións de permanencia ou, polo menos, para saír do descenso directo, pois probables arrastres de Terceira División, catro agora mesmo, fan que a salvación a marque o Atlético Arteixo, con nove puntos de vantaxe sobre os pupilos de Víctor Pazos.Perda do liderato en Primeira
En Primeira Autonómica, o resultado máis rechamante, polo negativo do mesmo, é a perda do liderato por parte do Dumbría, ao perder no terreo do renacido Pobra, por 1-0, que deixa aos pupilos de Julián Ferreiro dous puntos por baixo do sorprendente Agolada, que derrotou con apuros ao Piloño. O Outes sae do descenso directo tralo seu gran triunfo en Val do Ulla, ao que coloca nesa praza. Os pupilos de Cambeiro traballaron denodadamente para conseguir o obxectivo, e comezan a ver a luz ao final do túnel, aínda que os arrastres de Preferente, que poderían facer caer a Bertamiráns e Soneira, fan que sigan estando a sete puntos da seguridade. Quen se complica a vida é o Sporting Zas, que perdeu no campo do Cordeiro, logo de adiantarse moi pronto no marcador, pero os locais empataron rápido e, na segunda metade, no último cuarto de hora, os sportinguistas cederían os tres puntos ao empuxe local. O Fisterra instálase de xeito case definitivo na zona nobre da clasificación cun triunfo, goleada incluída, ante o colista e virtualmente descendido, Villestro. E é que os verdes miran máis cara aos postos de cabeza que os de perigo. Na próxima xornada, Zas, Outes e Dumbría teñen a necesidade de sumar a vitoria nos seus respectivos terreos de xogo ante o histórico Lalín, Cordeiro e Escravitude, respectivamente, mentres que o tranquilísimo Fisterra renderá visita ao Piloño, verdugo do Dumbría.Muxía, "case" en segunda
Conta o Muxía os días que lle restan para alcanzar o ascenso á Liga da Costa, un retorno case cantado desde o principio de tempada, onde os rojillos deixaron claras as súas intencións de ascender de xeito directo. Os doce puntos de vantaxe sobre o Ameixenda case o colocan como ascendido, pero ao contar cun encontro menos os ceenses, o aprazado ante o Cabana, onde están vencendo por 0-1, fan que o ascenso aínda non sexa unha realidade, aínda que podería selo na próxima xornada, onde o Muxía ten un óso duro de roer en Carnota, ante o Lira. A pelexa polos postos de promoción parece case decantarse para Nantón, pese a un momento dubitativo actual, que se viu superado polo Ameixenda no seu terreo de xogo por 0-1 e Volantes de Baños, pese á súa derrota co líder por 0-3, pois o Castrelo daba a de area e perdía por 2-0 co colista Camelle, e o Cabana tería que sumar a vitoria nos minutos pendentes ante o Ameixenda para recortar os seis puntos de desventaja, logo de ceder un empate a dous goles en Outes, tras gozar dun 0-2 a favor. Na próxima xornada, ademais do xa mencionado Lira-Muxía, o Volantes ten que superar ao Outes B do mesmo xeito que o Ameixenda é favorito co Seaia. O Castrelo queimará os seus últimos cartuchos de estar na promoción de ascenso recibindo ao Nantón, mentres que o Cabana é favorito na súa terrea fronte ao Camelle.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa de Corredoira
- X.24: O Entroido deixou goles e a caída da Esteirana á zona de descenso directo.
- X.23: A vida segue igual.
- X.22: O Corme aguanta o tirón dos perseguidores.
- X.21: Baio, San Lorenzo e Ponteceso recortan en dous puntos a vantaxe do líder, Corme.
- X.20: Golpe de man.
- X.19: Xornada de sorpresas, relativas.
- X.18: Soñando co máis alto.
- X.17: Espéranos unha segunda volta apaixoante.
- X.16: A última xornada do ano trouxo o liderato para un Corme que aproveitou o pinchazo do Baio.
- X.15: Non fallaron os catro primeiros clasificados; o derbi Cerqueda-Malpica, para os visitantes.
- X.14: Mazaricos e San Lorenzo mostran as súas credenciais para acosar aos líderes.
- X.13: Tralo primeiro gran duelo, “a vida segue igual”.
- X.12: Lilo substitúe a Adrián Lema no Laxe; Alfredo Cambeiro chega ao Outes.
- X.11: Igualdade polo título e polo descenso, tras unha xornada marcada por unha suspensión.
- X.10: Amplíanse as distancias entre os líderes e os seus inmediatos perseguidores na Liga da Costa.
- X.9: Corme e Baio quédanse sos á fronte da clasificación na Costa.
- X.8: Corme e Baio seguen pelexando polo liderado.
- X.7: O Corme recupera a primeira praza da clasificación ao perder o Baio en Camariñas.
- X.6: O Baio aúpase ao liderado no seu partido 800 partidos na Liga da Costa.
- X. 5: Ponteceso e Baíñas, en sorprendente caída tras un comezo prometedor.
- X.4: O Laxe suma o seu primeiro punto e frea a marcha do Castriz.
- X.3: Un sorprendente Castriz aúpase ao liderado na Costa.
- X.2: O Corme, con paso firme.
- X.1: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).