A Pipa: Cambio de posición

06:31 18/12/18

Preferente
Boa xornada en Preferente, con triunfo cómodo do Sofán en Ou Carral ante un Boimorto que llas prometía moi felices, pero os pupilos de Iván Cancela deron un auténtico recital de bo fútbol e viron porta ata alcanzar un 4-1 final que deixa aos rojillos na sexta praza e que supera aos seus rivais na clasificación. Partido importante para o Xallas na Coruña, ante o Atlético Coruña Montañeros, cun 0-0 final que deixa aos xalleiros trece puntos por encima da zona de descenso directo e cinco sobre os posibles arrastres desde Terceira División. Os verdes souberon nadar e gardar a roupa, sumando un punto moi importante nesa loita por instalarse na o zona media da clasificación xeral. Na próxima xornada, primeira da segunda volta, derbi no Carral, onde o Sofán recibe ao Xallas. Na primeira xornada de Liga, o choque saldouse con 0-0, e a igualdade seguro que será absoluta, como en duelos precedentes, e levará moito público ao terreo sofanista.1ª Galicia
Non cede un ápice o Fisterra, que se mantén como líder por segunda xornada consecutiva, tralo seu gran triunfo en Ara Solís ante o Bastavales, cun 3-0 final que deixou clara a diferenza entre un e outro conxunto e que pode outorgar o campionato de inverno aos verdes, quen manteñen tres puntos de vantaxe sobre o Flavia de Padrón, que na última xornada venceron con rotundidad á Esteirana no Souto de Padrón por 4-0, e os azulgrana seguen como farolillo vermello do grupo, agora a seis puntos da permanencia, cando resta unha xornada para o final da primeira volta. Empate do Baio no seu complicado desprazamento a Rianxo, ante o Unión, que mantén aos branquiazuis na quinta praza da táboa clasificatoria, a catro puntos da zona de promoción de ascenso. Foi un encontro moi disputado e intenso, onde o bo labor de contención do Baio puido frear as accións ofensivas locais. Non tivo fortuna fortuna o Dumbría en Praiña, onde perdeu no último minuto por 2-1, logo de haberse adiantado no marcador, pero os homes dirixidos por Julián non estiveron finos nesta oportunidade e viron como un conxunto que ocupaba zona de descenso facíase cos tres putnos en xogo. Triunfo sufrido do Soneira no Municipal ante un moi necesitado Bertamiráns. Os locais marcaron dous tantos en catro minutos, á hora de xogo e tralo descanso, e deixan aos seus rivais a cinco puntos de distancia poñendo tres puntos por medio da zona de descenso. Na próxima xornada, última da primeira volta, o Fisterra defenderá o liderato en Lalín, ante o histórico conxunto local, que ocupa a sétima praza, moi lonxe dos postos de privilexio. O Baio será o anfitrión do Chaián, decimocuarto, no Pratas Reinoso, mentres que o Dumbría intentará reengancharse coa zona alta superando a un Piloño que lle precede na clasificación, un punto por encima dos dumbrieses. O último choque será o derbi costero en Esteiro, onde a Esteirana medirase a un reforzado Soneira, do que lle separan oito puntos, nun partido de moitas urxencias para os locais e máis relativamente tranquilo para os visitantes.3ª Galicia
Non hai quen lle faga dano ao Coristanco na súa marcha cara ao retorno á Segunda Autonómica tralo descenso da pasada campaña. Os da Rocheira venceron e convenceron en Corcubión, cun 0-6 ao término dos noventa minutos de xogo, xa neste inicio de segunda volta na Terceira Autonómica da Costa. O Porteño sitúase na terceira praza pese a non pasar do empate no seu propio terreo de xogo ante outro dos candidatos a estar no play-off polo ascenso, o Nantón. O 2-2 final foi un xusto premio ao traballo desenvolvido polos dous conxuntos tras noventa minutos moi intensos de loita e entrega de principio a fin. Na primeira volta, 2-1 para o Nantón, co que se aseguran o golaveraxe particular en caso de empate ao final da competición. Pinchou o Castriz no seu desprazamento a Serra de Outes, onde o locais venceron por 2-1 e colócanse a tres puntos dos rossoneri, e co golaveraje particular favorable aos vencedores, que na primeira volta empataron en San Pedro a un tanto. Goleadas de Laxe, ante o farolillo vermello, As Baleas, e un pouco máis sorprendente a do Seaia cobre un Camelle que perde fuelle e queda moi lonxe dos postos de play-off. Os laxenses comezan a segunda volta como a primeira, con amplo triunfo sobre As Baleas, que deixa aos pupilos de Ordoñez a catro puntos da promoción. Pola súa banda, o Seaia parece ir mellorando ostensiblemente no seu xogo e resultados, e colócase a un punto do seu rival desta xornada, o Camelle. O Camariñas, que se afasta da zona de promoción, a cal deixa a catro puntos, non pasou do empate en casa ante un Castrelo que segue reafirmando a súa condición de equipo sorpresa da categoría, manténdose na sexta praza da clasificación xeral, repetindo o resultado da primeira volta no choque disputado en Vimianzo. Descansou nesta xornada o Cabana, que pese a iso mantén a segunda praza de ascenso directo a Segunda Autonómica. Na próxima xornada, última do ano como na competición autonómica, e segunda da segunda volta, partidos importantes en Coristanco, onde chega o Porteño, terceiro clasificado, e no Municipal de Vimianzo, onde o Castrelo será anfitrión ante o Outes, ambos equipos empatados a puntos na clasificación xeral. Castriz e Cabana non poden fallar nos seus choques ante Seaia, en Santa Comba, e As Baleas, en Camariñas o Cabana. Nantón e Laxe xogaranse tres puntos moi importantes no seu afán de chegar á promoción de ascenso, non valéndolles en empate a ningún dos dous, polo menos a priori. En Camelle, os locais, moi afastados da zona de promoción reciben a un Corcubión que pecha a táboa co As Baleas. Descansa nesta xornada o Camariñas.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
