Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Pipa: Espéranos unha segunda volta apaixoante

A Pipa: Espéranos unha segunda volta apaixoante
O Ponteceso goleou en Verdillo-Foto-Ponteceso SD O Ponteceso goleou en Verdillo-Foto-Ponteceso SD Primeira xornada do ano na competición costera e a mesma trouxo resultados para todos os gustos e cores, sobresaíndo, especialmente, o alcanzado polo Ponteceso en Verdillo, onde endoso un rotundo 1-6 a un San Lorenzo que se viu sorprendido polo xogo desenvolvido polos pupilos de José Barca, e é que en ningún momento os locais deron sensación de poder frear o bo xogo e nivel dos visitantes, que xa se adiantaron pronto no marcador e non deron opción aos seus rivais. Partido espectacular en Cee, onde o once local sufriu de xeito abondo para superar a un Monte Louro que as prometía moi felices tras adiantarse no marcador cun 0-2 e un 1-3 antes de irse ao descanso, pero nestes segundos corenta e cinco minutos os pupilos de Rafa Pais foron un furacán de xogo e traballo, logrando dar a volta ao marcador cando aínda restaban vinte minutos para a conclusión da contenda. Os tres primeiros clasificados seguen ao seu que é gañar e seguir mantendo as distancias na táboa clasificatoria. O Corme tiña un complicado compromiso coa visita do Castriz, pero xa ao final dos primeiros corenta e cinco minutos gañaban os locais por 2-0, referendando o triunfo na segunda metade cun novo tanto do seu goleador Alejo. Recital de CD Baio na súa visita a Laxe, onde o 1-5 final deixa claro a superioridade manifesta dos blanquiazules sobre o seu rival, e un novo hat-trick do goleador baiés, MC. Non houbo lugar á sorpresa, pois xa ao descanso chegouse cunha cómoda vantaxe dos visitantes por 0-2, ampliada na segunda metade polos visitantes. E o Mazaricos tampouco atopou grandes dificultades para sumar os tres puntos en Coristanco, pese a ser un dos campos máis complicados polas súas dimensións, pero os amarelos queren seguir puxando os dar alcance aos líderes da táboa e paso a paso sacan adiantes os compromisos que se van atopando. Por abaixo, o Baiñas segue sen saír do pozo da clasificación, e viuse superado no seu propio terreo polo Malpica, que lle endosou un claro 1-3, con tres goles do eterno Cololo, que segue ao seu, marcar goles. Pese a chegar ao descanso con empate no marcador, na segunda metade os visitantes mostráronse máis efectivos e mellor sobre o terreo de xogo. Triunfo sufrido do Cerqueda no seu terreo de xogo ante unha Esteirana que non sae dos postos de perigo da clasificación. Os pupilos de Raúl Periscal sacaron adiante o duelo cun tanto postrero de Iván Mato, cando restaban sete minutos para a conclusión da contenda. O duelo de rivalidade entre Porteño e Camariñas liquidouse co triunfo dos visitantes por 2-3 nun partido moi disputado e entretido, onde os vencedores adiantáronse cun 1-3 a falta de seis minutos para a conclusión, recortado ao final polos locais, que ata puideron empatar nunha falta lanzada pola súa goleador Mario Toja que levou o susto ao corpo dos camariñanes. Gran partido en Corcubión, onde os locais viron como, nos últimos minutos, o Buño, a base de entrega loita e traballo, lograba sumar un punto logo de colocarse por baixo no marcador cun 3-1, co que se chegaba ao descanso, para empatar con dous tantos nos últimos doce minutos da contenda. Tras estes resultados, incuestionable liderato do Corme, que permanece invicto, co Baio a dous puntos e o Mazaricos a cinco, cando se chega ao final da primeira volta, polo que nos espera unha segunda apaixonante, tanto por arriba como por abaixo, pois na zona de descenso, aínda que Baiñas e Laxe quedan un tanto descolgados, do terceiro posto por abaixo, que leva ao descenso, ao undécimo posto hai catro puntos de distancia.   En Preferente, Xallas preto da promoción En Preferente, o Xallas logrou un gran e traballado triunfo sobre o terceira clasificado, Laracha, que coloca aos pupilos de Iván Cancela a un punto dos postos de promoción de ascenso a Terceira División, dos que se cae o Laracha. Foi un excelente partido, con dous equipos que buscaron o triunfo, e un Xallas que soubo remontar tras adiantarse no marcador os visitantes. Excelente empate do Sofán en Noia, ante o incuestionable líder da clasificación, Noia, e ben puido ser triunfo, pois os pupilos de Josito chegaron a, os últimos minutos con vantaxe no marcador, por 1-2, pero ao final os locais sacaron un punto que deixa aos sofanistas na novena praza da clasificación xeral. O Soneira non sacou nada positivo na súa visita a Arzúa, ante un rival directo na loita pola permanencia, e xa se atopa a catro puntos dos postos de permanencia, que agora ocupan xustamente o seu vencedor, Arzúa, e Chantada. Os vimianceses, que pronto se viron co marcador en contra, buscaron a igualada na segunda metade, pero un postreiro tanto local sentenciou o duelo.   Xornada ok en Primeira Triplo triunfo en Primeira e un empate, onde todos os equipos da zona sacaron adiante os seus compromisos, a excepción do Fisterra que empataba ante un dos equipos difíciles da clasificación, o Cordeiro. Importantes os éxitos de Sporting Zas e Outes na súa loita por colocarse en zonas máis tranquilas, o que van conseguindo os sportinguistas, que xa están cinco puntos por encima da zona de descenso, e gañaron con todo merecimiento a un Piloño que chegaba a Zas ancorado na zona alta da clasificación. En Outes, segunda vitoria consecutiva dos pupilos de Cambeiro, que se colocan a un punto da permanencia. Ante o colista sacaron adiante o compromiso cun 2-0 que premiou o bo facer dos locais ante un equipo que parece predestinado á Segunda Autonómica. Suma e segue do Dumbría no seu afán de ratificar con prontitud a súa volta a Preferente, e ante o Flavia, moitísimo sufrimento, sacou adiante o compromiso, que lle sitúa con nove punto de distancia sobre o terceiro clasificado e cinco sobre o segundo, Agolada, ao término da primeira volta. O Fisterra soubo sufrir en Cordeiro para arrincar un merecido punto ante un equipo que se afasta do seu obxectivo do ascenso, quedando xa moi descolgado, mentres que os verdes ocupan a novena praza e terminan máis tranquilos esta primeira fase competitiva.   Muxía, cos dous pés en Segunda O triunfo sobre o Lira coloca ao líder intratable, Muxía, cos dous pés na Segunda Autonómica, pois vos once puntos de vantaxe sobre o segundo é unha renda máis que considerable para verse moi preto da Liga da Costa. Na loita por coarse nos postos de promoción, Ameixenda, Lira e Nantón parecen ter moi adiantada a súa presenza na mesma, mentres que o outro posto ten como candidatos ao Castrelo e Volantes, que se atopan separados por dous puntos na táboa clasificatoria. A nota negativa da xornada chegou desde Lira, onde foi cesado Manín como técnico dos rojillos, trala derrota ante o Muxía, deixando aos lirachos como terceiros na clasificación. Importante o triunfo do Nantón sobre o Castrelo, ao que deixa a catro puntos, e co golaveraxe favorable aos vencedores, mentres que o Outes B deixou composto e sen noiva ao Volantes de Baños, que cede dous puntos moi importantes na súa loita por coarse na promoción de ascenso. Sorpresa en Malpica co triunfo contundente do Sporting Seaia sobre o Ameixenda, segundo clasificado, ao que endosou un rotundo 4-1 que lles mantén na segunda praza, sobre todo porque o Lira non puido puntuar en Muxía. Para rematar, o Cabana reaccionou tarde, pero soubo sacar os tres puntos de Camelle, que lle manteñen na oitava praza da clasificación, pero moi lonxe da zona de promoción, mentres que os locais segue como farolillos vermellos do torneo.  
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, e actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas.
A pipa de Corredoira

A Pipa de Corredoira

Fonte

Comentarios