A Pipa: Manchea de goles

08:02 03/10/17

3ª Galega
Varios partidos chamaban poderosamente a atención nesta xornada, e ningún deles defraudou, saldándose ata con empate tras noventa minutos moi intensos e de bo xogo por parte de ambos equipos, como sucedeu en Laxe, coa visita do recentemente descendido Castriz, ou en Cee, onde o Ameixenda de Manolín non puido superar a un organizado Muros, que se mantén invicto. Tamén se repartiron os puntos o Volantes e Seaia, onde os locais gozaron de vantaxe no marcador ata 15 minutos ante do final da contenda. Os triunfos, esta xornada, corresponderon a Camelle, que gañou en Outes a un filial que vendeu cara a súa derrota, pois ata a segunda metade non resolveron os visitantes. En Nantón o once local non tivo moitos problemas para superar ao Castrelo, chegando a ter un claro 4-0 no marcador, recortado nos últimos minutos polos de Vimianzo. Gran partido nas Redondas, onde o Cabana, líder da clasificación, remontou un 1-3 a favor do Corcubión no minuto 50, alcanzando o tanto do triunfo no último minuto da contenda. Na próxima xornada, derbi ao grande en Muros, onde o once celeste recibirá a visita do Volantes de Baños, separados por un punto. Partido grande en Ponte do Porto, onde o Porteño, que descansaba esta xornada, recibirá a visita do líder, Cabana, separados por un punto na táboa. Tamén chama a atención o Camelle-Laxe, dous equipos que aspiran esta tempada a estar na zona nobre da táboa, mentres que o Ameixenda non pode perder na súa visita a Vimianzo ante o Castrelo. O Seaia parte como favorito, no seu terreo, ante o filial do Outes, mentres que un necesitado Corcubión recibirá a visita do sempre candidato ao ascenso Nantón.Preferente
Boa xornada en Preferente, onde o Sofán, a domicilio, e o Xallas, na Fontenla, sumaban os tres puntos en xogo, e ambos de xeito moi merecido e polo mesmo resultado de 2-0. Pola súa banda, o Dumbría volvía sen carga da súa visita a Boimorto. O Sofán visitaba a un Arteixo moi tocado na táboa, e que ocupa a última praza da mesma, sacando un resultado que permite aos pupilos de Iván Cancela afianzarse na zona alta, e deixa aos roxibrancos no pozo da clasificación. Sumou o seu primeiro triunfo da tempada o Xallas ante os seus afeccionados, facéndoo de xeito merecido ante un Escairón que tratou de complicarlle a vida aos verdes, pero estes souberon sacar adiante o compromiso para dar un salto cualitativo na táboa clasificatoria. Quen saíu derrotado foi o Dumbría, no terreo dun rocoso Boimorto, conxunto que non sabñia o que era gañar e ocupaba o farolillo vermello, pero nesta oportunidade non deron opción a un Dumbría que, pese ao 2-0 final, tivo as súas oportunidades para alcanzar un mellor resultado que o final. Na próxima xornada, repite na Fontenla o Xallas, recibindo a un Castro do que lle separa un punto na clasificación. Pola súa banda, o Sofán recibirá nas Eiroas ao Boimorto, e os roxiños buscarán seguir achegándose aos postos de cabeza, do mesmo xeito que o Dumbría, que se medirá en Ou Conco ao Outeiro de Rei. Xornada propicia, pois, para que os nosos tres representantes alcancen bos resultados e sigan afianzándose na clasificación xeral desta Preferente Norte que se presenta tremendamente igualada e disputada.1ª Galega
Dous triunfos e dúas derrotas conforman a xornada para os equipos da zona na Primeira Autonómica, cun derbi por medio, resolto favorablemente para o Soneira ante un San Lorenzo que segue sen sumar o primeiro triunfo da tempada. En Vimianzo, os xogadores preparados por Rafa País superaron ao conxunto de Verdillo por un claro 3-1, non dando opción aos pupilos de Oscar Suárez de facer saltar a sorpresa no Municipal. O Soneira ve deste xeito cara aos postos nobres, mentres que o San Lorenzo segue na última praza da clasificación. Partido espectacular en Fisterra, onde tras un primeiro tempo sen goles, chegarían sete na segunda metade, para delirio dos afeccionados, pois, tras adiantarse o Riveira, os verdes se despeinaron e lograrían un colocar un rotundo 4-1 en once minutos, onde arroiaron prol completo aos visitantes. Ao final, un 5-2 que coloca aos fisterranes na oitava praza da táboa clasificatoria. Non estivo acertado o Baio en Sigüeiro, onde perdía 3-0 aos 28 minutos, pero que reaccionou e ao final do primeiro tempo e inicio do segundo colocou un 3-2 no marcador que facía soñar coa posibilidade de remontada. Pero as importantes baixas dos blanquiazules deixáronse notar e ao final non puideron sacar nada positivo do complicado terreo de xogo dun Sigüeiro que suma o seu primeiro triunfo da tempada. Na próxima xornada, o San Lorenzo recibe xustamente ao Sigüeiro en Verdillo, coa esperanza de lograr o primeiro triunfo da campaña. O Baio medirase no Pratas Reinoso ao Agolada, do que lle separan tres puntos na táboa. A Riveira viaxará o Soneira en busca dun triunfo que lle siga situando na zona alta da clasificación, ante un conxunto que non termina de arrincar, do mesmo xeito que o Fisterra, que renderá visita ao Silleda, conxunto incómodo, sobre todo no seu terreo de xogo.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa 17/18
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).