A Pipa: Soñando no máis alto
16:09 17/01/17
Xornada moi interesante a disputada a pasada fin de semana nos campos de fútbol da Costa, coa rebelión do Baíñas, que a punto estivo de sumar o triunfo ante o poderoso Baio, e que aumenta a vantaxe do Corme á fronte da clasificación sobre o once blanquiazul.
No Cairo, os locais souberon sacar adiante o compromiso ante un Montelouro que levo a inquietude ás gradas cormelás, pero xa antes do descanso os líderes invictos tomaron novamente vantaxe para finalizar a contenda cun amplo 4-1 final. Os muradáns, pese á derrota, competiron ben e mostraron un moi bo nivel.
Pola súa banda o Baio non era capaz de sumar os tres puntos en Vimianzo ante un Baíñas que se resiste a perder a categoría, e que volteou o gol inicial de Javi Suárez, para, a falta de quince minutos, un gol en propia meta de Braulio, autor do 2-1, colocase o empate final, que frea aos visitantes e non fai mellorar a súa clasificación aos locais.
Non se aproveitou o Mazaricos do tropezo do Baio, e perdeu no seu desprazamento a Ponteceso, onde os locais, co corazón posto en brindar o triunfo ao seu alevín prematuramente desaparecido, Brais, sufriron e traballaron de xeito abondo para sumar un triunfo que coloca aos pupilos de Barca a seis puntos do Baio e a dous dos seus rivais.
Gran partido en Verdillo, onde o San Lorenzo freou a súa marcha irregular cun axustado e disputado triunfo sobre un moi mellorado Malpica, cun 4-3 final que satisfixo aos locais, non tanto aos malpicáns. O Malpica chegou a empatar un 2-0 en contra antes do descanso, pero en catro minutos os rojillos colocaron o 4-2 no marcador, recortado no último minuto polos visitantes.
Bo triunfo do Cerqueda sobre a revelación da tempada, Camariñas, nun choque onde os xogadores preparados por Raúl Periscal souberon nadar e gardar a roupa. O gol no último minuto da primeira metade foi suficiente para que os tres puntos quedásense no casillero local, pese aos intentos visitantes de empatar.
Reparto de puntos en Laxe, resultado que non satisfai nin a un nin a outros, sobre todo aos pupilos de Lodeiro, que por dúas veces adiantáronse no marcador, chegando ao descanso con 1-2, empatando na segunda metade os laxenses que seguen compartindo a última praza co Baiñas.
Saltou a banca o Buño en Ponte do Porto, vencendo e convencendo ante un Porteño que se complica a súa existencia. Os visitantes mostráronse moi superiores de principio a fin e en ningún momento púidose atisbar algunha posibilidade para o once azulgrana que se mantén en zona de descenso.
O Cee parece recobrar sensacións moi positivas e venceu con comodidade a un Coristanco que se complica a existencia trala derrota no terreo ceense por 3-0, que achega aos pupilos de Rafa Pais aos postos nobres e deixa aos homes de Pensado empatados a puntos co Porteño en zona de grave perigo.
Na próxima xornada hai partidos de gran interese para os afeccionados, como o desprazamento a Coristanco do líder, Corme, a visita do San Lorenzo a Baio ou eses derbis entre Malpica e Ponteceso, por unha banda, e Buño e Cerqueda, pola outra, neste caso dous equipos que comparten terreo coma se dun Inter-Milán tratásese.
Preferente : Xallas toca a promoción
Pladur e Doro-Foto-R.Pladur
En Preferente, xornada excelente dos tres representantes costeiros, pois todos eles sumaron os puntos en xogo, que colocan aos xalleiros preto da promoción, empatados a puntos con Laracha e Paiosaco, na quinta praza da clasificación.
Un gol do sempiterno Doro, que gran homenaxe merécese este xogador que, ademais de ser grande como futbolista o é como persoa!, tralo empate do Polvorín, deu os tres puntos en disputa aos homes de Iván Cancela, que marchan lanzados en pos dos postos de promoción e na próxima xornada, ante o Lemos, queren reafirmarse nas súas opcións de estar na zona nobre da táboa.
En trinta e seis minutos excelentes o Sofán superaba e borraba do mapa ao Estudiantil, segundo clasificado, colocando un 3-0 no marcador que parecía definitivo, pero os visitantes, con algunhas decisións pouco afortunadas do colexiado, lograron recortar no marcador e colocar un amenazante 3-2 final. Na próxima xornada os pupilos de Josito Fontes renderán visita a un Chantada necesitado de puntos e bordeando a zona de descenso.
Importantísima vitoria do Soneira no seu desprazamento a Bertamiráns, onde os pupilos de Víctor Pazos, no último minuto e de penalti, sumaron unha vitoria que pode resultar vital para o obxectivo de lograr a permanencia na categoría. O partido foi dunha tremenda intensidade, con buneas defensas de ambos equipos e tres goles de penalti que colocaron o 1-2 no marcador. Na próxima xornada, os soneiráns recibirán no Municipal de Vimianzo a visita do colista, Sporting Sada, e a vitoria aseméllase incuestionable.
Primeira: coa tristeza en Fisterra, suma e segue para Dumbría e Sporting Zas
A xornada en Primeira tivo como punto de referencia, e non por nada deportivo, desgraciadamente, en Fisterra, co falecemento do presidente do conxunto verde, Desi, suspendéndose o choque que debía disputar o equipo fisterrán en Lalín.
O resto da xornada saldouse con triunfos de Dumbría e Sporting Zas e derrota do Outes en casa que ve freadas as súas ilusións de permanencia.
O líder gañou con solvencia en Asados, ante o Unión, cun 0-2 final que ratifica a superioridade en xogo do once de Julián Ferreiro, e que abre as portas a un derbi ao alza o vindeiro domingo en O Conco, coa visita do Sporting Zas.
Os sportinguistas volveron mostrar a boa cara e cun gol de Alex Flores sumaron os tres puntos en casa ante o poderoso Sigüeiro, que deixa aos zasences na novena praza e deixar os postos de perigo a nove puntos de distancia.
En Outes, os locais mereceron moito máis ante o Piloño, pero un 0-2 antes do descanso e o tardío dos tantos locais, nos minutos 82 e 90, significaron a derrota para o conxunto de Cambeiro, que buscará sorprender no seu desprazamento a Sigüeiro na próxima xornada e volver engancharse á permanencia.
En Terceira, caeu o Muxía
Gran partido en Cee, onde o Ameixenda puxo sobre a mesa a súa candidatura a retornar á Liga da Costa e superou a todo un Muxía que parece levantar un pouco o pé do acelerador pola cómoda vantaxe que ten sobre as súas perseguidores (8 puntos sobre o Ameixenda).
O Lira, que cambiou de adestrador a pasada semana, soubo nadar e gañar a roupa para derrotar ao Volantes de Baños nun mini derby, deixando aos de Muros fóra dos postos de promoción, e que non puideron aproveitar a sorprendente derrota do Castrelo en Vimianzo ante o Sporting Seaia.
O Cabana se reengancha ás posibilidades de promoción coa súa vitoria sobre o Nantón, que lle coloca a tres puntos do quinto posto. A sorpresa deuna o colista, Camelle, que goleó ao Outes B.
Na próxima xornada, tres partidos chaman a atención para esa disputa dos postos de promoción, que son o Volantes-Ameixenda; Muxía-Castrelo e Seaia-Cabana. Aí é nada.
- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A Pipa de Corredoira
- X.17: Espéranos unha segunda volta apaixoante.
- X.16: A última xornada do ano trouxo o liderato para un Corme que aproveitou o pinchazo do Baio.
- X.15: Non fallaron os catro primeiros clasificados; o derbi Cerqueda-Malpica, para os visitantes.
- X.14: Mazaricos e San Lorenzo mostran as súas credenciais para acosar aos líderes.
- X.13: Tralo primeiro gran duelo, “a vida segue igual”.
- X.12: Lilo substitúe a Adrián Lema no Laxe; Alfredo Cambeiro chega ao Outes.
- X.11: Igualdade polo título e polo descenso, tras unha xornada marcada por unha suspensión.
- X.10: Amplíanse as distancias entre os líderes e os seus inmediatos perseguidores na Liga da Costa.
- X.9: Corme e Baio quédanse sos á fronte da clasificación na Costa.
- X.8: Corme e Baio seguen pelexando polo liderado.
- X.7: O Corme recupera a primeira praza da clasificación ao perder o Baio en Camariñas.
- X.6: O Baio aúpase ao liderado no seu partido 800 partidos na Liga da Costa.
- X. 5: Ponteceso e Baíñas, en sorprendente caída tras un comezo prometedor.
- X.4: O Laxe suma o seu primeiro punto e frea a marcha do Castriz.
- X.3: Un sorprendente Castriz aúpase ao liderado na Costa.
- X.2: O Corme, con paso firme.
- X.1: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder.
Fonte
- Manuel Corredoira ([email protected]).