A Piscina de Muros ultima o prazo de inscrición para unha nova edición da Carreira Solidaria


Muros celebrará o vindeiro 9 de setembro a VII Carreira Solidaria da Piscina Municipal de Muros.
Esta VII edición terá a saída e a chegada na piscina municipal e consta dunha carreira curta, de 5.500m, dunha carreira de distancia longa, de 8.000m, e dunha andaina. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves día 6 e a custo é de 7 € para os adultos e para as categorías inferiores 1€, pode realizarse, tanto para Carreira como para Andaina en emesports.es
O percorrido da carreira poderase facer camiñando xa que o obxectivo desta iniciativa é que participen persoas de todas as idades.
O 9 de setembro será unha xornada lúdica para toda a familia xa que a parte das carreiras nas diferentes categorías contaremos con inchables para que os máis pequenos se divirtan.