A praia do Ézaro acolle o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo base
07:44 22/06/17
Este domingo 25 de xuño, a Praia do Ézaro acolle o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo nas categorías alevín, infantil e cadete. 220 deportistas de 10 clubs de toda Galicia farán da praia dumbriesa o centro do deporte náutico galego.
As probas arrincarán ás 10:00h e durante toda a mañá farán un fermoso espectáculo para os curiosos.
Trátase dunha desas apostas polo deporte que serven de motor económico, unha política turística que o Concello leva desenvolvendo, con rotundo éxito, nos últimos anos. Son xentes que vén como deportistas (ou como familiares de deportistas) que seguro que despois van volver como turistas.
Estes son os clubs participantes, entre os que atopamos o carballés do Sysca:
- C. Sysca.
- C.A. Umia.
- C. Salv. Y Soc. SAPO.
- Club SAL.
- Club Natacion Cerceda.
- Salvamento SASA.
- Salvamento Arteixo.
- Salvamento A Estrada.
- Salvamento Vilagarcía.
- Salvamento Ourense.
Novas relacionadas
- Verán 2016: O Campionato Nacional de Socorrismo trouxo a Laxe deporte, valores e economía.
- Cando a cultura e o deporte se convirten en motor económico.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).