xoves. 01.05.2025
El tiempo

A praia do Ézaro acolle o campionato nacional de volei praia cadete

A praia do Ézaro acolle o campionato nacional de volei praia cadete
Presentacion do Campionato de Espana Cadete de Volei Praia no Ezaro Presentación do Campionato de Espana Cadete de Volei Praia no Ézaro Corenta e un equipos - 24 femininos e 17 masculinos - do panorama nacional daranse cita dende hoxe e ata o domingo na praia do Ézaro dentro do campionato de España de Volei Praia Cadete. Entre eles, os locais do CV Dumbría, campións o ano pasado na apartado masculino e que aspiran a revalidar o título. Os Costa, Sergio, Raúl e Gael buscarán, ás ordes de Luís, facer un gran papel ante os seus veciños. A idea municipal de apostar polo Deporte para crear movemento económico volve facerse realidade. A aposta polo volei praia é firme. Se a semana pasada foi o Campionato Galego de Categorías inferiores, esta toca Campionato de España Cadete. Pero ademais, no marco da Festa da Praia haberá campionato local, e a fin de semana do 13 e 14 de agosto rematarán as actividades co Campionato Galego Senior. Desta volta, unhas 500 persoas estarán aloxadas na zona toda a fin de semana e hoteis de Cee, Muros, Laxe, Mazaricos... albergan estes días xogadores de toda España. campeonato espana volei playa cadete ezaro O torneo, organizado polas Federacións Española e Galega de Voleibol (onte estaba presente o presidente da Federación Galega José A. Luna) coa colaboración do concello de Dumbría arrinca hoxe pola mañá e rematará o domingo coas grandes finais nacionais e a entrega de premios. Representación galega Entre os participantes haberá unha ampla representación galega con oito clubes presentes na cita. Cinco equipos competirán na categoría masculina: o organizador e actual campión de España, CF Dumbría, e os demáis clasificados por ranking autonómico: Club Vigo Voleibol, Voleboleiros Sada, Volei Coruña e Barraña Volei Praia. E tres serán os conxuntos da terra que asistirán ao torneo feminino, tamén atendendo á orde de clasificación no Circuito Galego de Volei Praia disputado até o momento: Volei Praia Vigo, Volei Praia Riazor e Barraña Volei Praia. Aínda que terán que pelexar coas outras parellas procedentes de autonomías que sempre soan nas apostas como Andalucía, Valencia ou Cataluña, os galegos tamén acoden a Dumbría como grandes favoritos con dobre vantaxe. Por un lado, o coñecemento ao milímetro da pista xa que xogan e adestran no areal no que se disputa o trofeo. E polo outro lado, a seguridade de contar cun Circuito Galego, cada vez máis amplo, que lles dá a rodaxe suficiente para competir ao máis alto nivel e ser firmes candidatos ao podio nacional. Éxito de participación Dende a primeira edición celebrada en Dumbría hai catro anos, a participación do nacional de praia non deixou de medrar. Os trofeos disputados na Costa da Morte son un éxito asegurado de participación, asistencia e organización, ademáis de ser un gran reclamo para a zona. Será a partir das 9 horas de hoxe cando empezará a competición. Xogarase cun cadro de 24 equipos a dobre eliminatoria (con cadro de consolación) e tras a primeira rolda e as eliminatorias, o torneo pecharase coas finais na mañá do domingo 31 de xullo. Esa mesma mañá están previstas tamén a entrega de trofeos e clausura desta edición 2016 do Campionato de España Cadete de Volei Praia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios