xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Preferente Norte, con máis sabor costeiro que nunca

A Preferente Norte, con máis sabor costeiro que nunca
Marcos Ordonez foi o colexiado da pasada final da Copa da Costa e arrinca esta temoporada e Bruno e Rellan tamen pitan Marcos Ordóñez, Bruno Méndez e Rellán na pasada final da Copa da Costa, pitan esta fin de semana O grupo norte da Preferente Galicia ten esta fin de semana (terceira xornada de competición) máis sabor costeiro aínda, xa que, ademais dos dous equipos que cada semana compiten (o Sofán, que esta semana viaxa a Ribadeo, e o Xallas, que terá un curto desprazamento a Arteixo), dous árbitros da Subdelegación da Costa dirixirán os seus primeiros encontros da temporada na categoría. Na xornada de sábado, Rubén Reborido dirixirá un interesante Arzúa-As Pontes, dous equipos que polo de agora suman os seus partidos por vitorias, sendo os visitantes líderes pola maior diferenza de goles. Un encontro por todo o alto da clasificación no que estará auxiliado nas bandas polos colexiados coruñeses Sergio Bermúdez e Manuel Iglesias. Xa na xornada dominical, o máis veterano dos árbitros costeiros, Marcos Ordóñez, arbitrará un encontro entre dous equipos situados (polo de agora) na metade baixa da clasificación, A Pobra-Agualada (3 e 0 puntos, respectivamente). Acompañarán a Marcos Ordóñez os colexiados coruñeses Marco García e Diego Cusset.

Bruno Méndez, na División de Honra Xuvenil

O cormelán Bruno Méndez, árbitro de Terceira División, dirixirá o sábado un encontro de altura, na elite do fútbol xuvenil. A partir das 16.00 horas, no campo da Grela 1 (A Coruña), arbitrará o encontro entre o Ural CF (A Coruña) e o TSK Roces (Asturias), correspondente á segunda xornada desta categoría, na que tamén compiten, entre outros, RC Deportivo, RC Celta, Real Oviedo, Racing de Ferrol ou Racing de Santander. Ambos equipos buscarán o seu primeiro triunfo da temporada, despois de que o TSK Roces comezase con empate no derbi asturiano diante do Real Oviedo e o Ural CF perdese pola mínima na súa visita a Vigo. Bruno Méndez estará auxiliado nas bandas por dous colexiados da Delegación da Coruña, Gonzalo Belmonte e Denís Añón.

Trío costeiro para o debut como local do Fisterra

O Fisterra, despois do meritorio empate a domicilio da xornada inaugural, comeza a temporada no Arasolis fronte ao Flavia, e farao cun trío arbitral costeiro no campo. Será o composto por Adrián Pérez, Iván Vilanova e Sebastián Pérez. O colectivo arbitral costeiro segue entrando en competición e ritmo, á espera de que a próxima semana dea comezo xa a pleno rendemento a competición na Segunda e Terceira da Costa, así como nas categorías de xuvenís, infantís e veteranos. Como cada semana, todas as designacións arbitrais da RFGF, categoría a categoría, en www.futgal.es.

Os horarios actualizados en www.futboldacosta.com

Comentarios