A primeira derrota do curso do Club Xadrez Cabo Touriñán deixa todas as opcións a unha carta en Vilagarcía

10:31 17/04/18

Chegou a primeira do curso para o Club de xadrez Touriñán. E fíxoo na 9ª xornada, na que estaba obrigado a gañar para seguir tendo obcións de ascenso. Pero na primeira das finais, apareceu o Milladoiro e lle endosou unha derrota aos muxiáns.
Agora todo pasa por gañar en Vilagarcia por máis de tres puntos a vindeira xornada para tratar de continuar na loita.
Cabo Touriñán 1,5 - Milladoiro 2,5
Resultados por taboleiro:- David Lariño - Javier Varasa 1-0 Lariño xogou de forma moi activa creando constantes ameazas ao seu rival que finalmente rendiuse cando a súa posición se desmonoraba
- José Doval – José Soneira 1-0, Soneira saiu ben da apertura pero cometeu un erro no medio xogo, cambiar o seu alfil bo que protexía ao Rei, o seu rival montou un ataque na séptima columna que obrigou a abandonar ao xogador do Touriñán.
- Manuel Lamas - Mario Iglesias 0-1, Lamas perdeu un peón no medio xogo e o seu rival con mais espazo activou as suas pezas desplegando un ataque imparable contra o enroque.
- Xoán Xosé Hidalgo - Ramón Franco 1/2-1/2, Ramón levou a iniciativa de principio a fin e ao chegar a un final sinxelo de gañar fixose un lío mental e terminou empatando a partida por xaque continuo do seu rival.
Vindeira xornada
A próxima fin de semana xogan en Vilagarcía contra o Pub Musaraña.Máis información
- xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.
- www.fegaxa.org.
Novas relacionadas
- Bota andar, co prazo de inscrición aínda aberto, a pioneira Escola de Xadrez de Muxía.
- En marcha a pioneira Escola Municipal de Xadrez de Muxía.
Crónicas do curso
- Preparados para as grandes finais.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán prepárase para unha emocionante a recta final.
- O Club Xadrez Touriñán supera o ecuador da Liga no liderato.
- O Touriñán xa é líder.
- O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso.
- O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso.
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).