Xoves. 12.09.2024
El tiempo

A revolución das pequenas cousas

A revolución das pequenas cousas
Unha moi atípica xornada abre de par en par a loita pola Liga da Costa, na que ningún dos dous primeiros acadou a vitoria; reivindicativa fin de semana para Ponteceso e San Lorenzo; nas categorías superiores a cousa pintou de tódalas cores Dumbría e Zas deixaron un bo derbi - Foto: Sporting Zas Nunha fin de semana de loita social e defensa dos dereitos básicos desde o outro lado do charco, a Liga da Costa parece ter aceptado o chamamento realizado por Madonna en The Mole: "A revolución empeza". E algo así sucedeu nun domingo no que houbo sorpresas, erros, reivindicacións e sobre todo o debuxo dun novo panorama cada vez máis incerto. O mellor Ponteceso en moito tempo arrasou en Malpica, cun Mara excelso. Pola súa banda, o San Lorenzo, que parecia entre o si e a negación, asaltou o Platas Reinoso a base de recuperar parte dos argumentos do pasado: defensa férrea e moita incorporación desde segunda línea. Todo isto coa complicidade do pinchazo do Corme en Coristanco, posiblemente un dos feudos que peor se adapte á filosofía de xogo dos azuis, que sen embargo lograron sumar. Coa fiabilidade por bandeira, o Mazaricos segu ao seu e xa cheira a prata. E todo sen facer moito ruido. A historia das categorías nobles non foi mala, pero pintaba para ter sido mellor. Chegou virada a Preferente desde o sábado, cando entre a arbitraxe e a confianza mermaron o rendemento dun Soneira que non pudo cun colista que viña de ser megadoleado en xornadas anteriores. A xeira vitoriosa do Xallas curtouse en Monforte… relativamente. os combeses sumaron igual e aínda merodean os postos de ascenso a Terceira. E para olvidar foi a visita do Sofán a Chantada, nunha viaxe longa, fría e desapacible en case tódolos sentidos. Chegou na Primeira o 'desvirgo' en canto a derrotas de Pablo Mallón co Sporting Zas. Foi no derbi ante un Dumbría que anda coa velocidade de cruceiro e os automatismos asumidos, e que cada vez parece máis imbatible. Chave foi o triunfo do Fisterra na casa ante o Tordoia, con homenaxe e adicatoria ao seu desaparecido presidente, mentres que o Outes salvou un punto en Sigüeiro que ao descanso parecía perdido. Punto de inflexión, nunca mellor dito. O da Terceira é para estudo, co Muxía sendo o único conxunto capaz de sumar os tres puntos e unha rémola de empates que parecen un pacto común para claudicar ante a dictadura dos 'Barqueiros'.  

PreferenteNorte, xornada 21

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 19

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 19

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 18

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 14

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 18

LigaGalega Cadete, xornada 18

1ªCadete, xornada 15

LigaGalega Infantil, xornada 17

1ªInfantil, xornada 17

LigaAlevínSur, xornada 13

LigaBenxamínSur, xornada 13

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación

Comentarios