Sábado. 25.06.2022
El tiempo

A San Silvestre disfrazada de Baio

A San Silvestre disfrazada de Baio

Impresionante o ambiente vivido o pasado 31 de decembro na vila de Baio. I é que o espírito da San Silvestre invadíu as rúas baiesas, para que medio centenar de corredores, participaran na IV Milla de Baio. Non foron os 10 km da carreira máis popular do ano, pero si unha longa e complicada milla de ouro por terras costeiras.

A cita estivo organizada pola activa Asociación Deportiva Cultural Su A Agra, que pon esa guinda de cor animando aos participantes a correr disfrazados... Este ano máis da metade cambiaron as mallas de atletismo polas caretas... De feito, un dos premios máis esperados era o do Mellor disfraz, que recaeu en Ismael Miñones.

Houbo premios tamén para os máis rápidos. Pero ademais este ano a carreira tivo sorpresa. Na categoría de maiores rematou a hexemonía do gañador das anteriores edicións César Agra quen finalmente quedou terceiro cun tempo de 5:17. Por diante quedou Andrés Eirís, vencedor cun tempo de 5:05, quedando segundo clasificado Martín Regueira cun tempo de 5:13.

Ademais, na categoría de menores resultou gañador Xandro Calvo cun tempo de 2:03.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Su A Agra.

comentarios