A SD Sofán tínguese de rosa para loitar contra o cancro
09:07 02/03/17
Xa é toda unha tradición, e non é de estranar cando as cousas saen así de ben. I é que cando o fútbol se volca ca solidariedade, saen cousas ben fermosas. Outros anos foi para axudar aos refuxiados, este vindeiro 11 de marzo de 2017, a cea solidaria que organiza a SD Sofán será para colaborar coa Asociación Española contra o Cancro (AECC).
Non é outro o triste motivo que leva a SD a volcarse coa Asociación xa que que teñen a desgraza de ter dous casos desta enfermidade no clube, por iso queren volcarse o máximo posible.
Deste xeito, a SD tínguese de rosa e invitan a todo o mundo a animarse a esa Cea Solidaria que se celebrará o vindeiro 11 de marzo no Restaurante Punta del Este, en Carballo. Hai que inscribirse falando coa xente do club.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).