Luns. 22.07.2024
El tiempo

A Selección Coruñesa Feminina sub-15 queceu motores nas Redondas

A Selección Coruñesa Feminina sub-15 queceu motores nas Redondas
Cabana Infantil coa Seleccion Feminina Corunesa sub-16 nas Redondas Cabana Infantil coa Seleccion Feminina Coruñesa sub-16 nas Redondas

Tarde de fútbol a que vivíu este pasado martes o campo das Redondas. A Selección Coruñesa Femenina Sub-15, que dirixen os bergantiñáns Gueli Cotelo e Óscar Mingui como axudante, achegábase a Cabana para disputar un partido contra os infantís da SD, dirixidos por Fariña.

O resultado era o de menos, pois do que se trataba era de coller ritmo de competición para a Fase Final do Campeonato Galego de Seleccións. En todo caso, os cabaneses venceron 6-3.

Bo detalle o que tivo a Federación co club entregando unha camiseta do combinado galego, asinada polas xogadoras do equipo.

Michel presi do Cabana e o delegado Manolo Corredoira Michel, presi do Cabana, recibindo unha camiseta da selección galega a mans do delegado Manolo Corredoira

Novas relacionadas

Comentarios