A Selección da Costa de FS Benxamín comezou a adestrar

09:03 23/11/17

Bos tempos para as Seleccións da Costa. Coa sub-12 de Fútbol 11 preparando o Campionato Comarcal do Conco, onte púñase en marcha a Selección da Costa de Fútbol Sala Benxamín. O Delegado da FGF na Costa, Fran Toba, organizou a primeira pre selección da zona norte (a vindeira semana tocaralle á zona Sur) pensando no Campionato de Seleccións que terá lugar en Marín o vindeiro 4 de xaneiro.
Esperan o seu turno tamén as Seleccións Alevín e Infantil, pois os seus campionatos chegarán cara o mes de fereiro.
Onte era o pavillón de Zas o que acollía o adestramento ás ordes de Ana Mouzo e Dani Costa.

Os convocados foron:
- Pablo Carril González (As Baleas).
- Anxo Toba Carril (As Baleas).
- Victor Rey Eiroa (Cabana).
- Yeray Fontenla Lema (Cabana).
- Rodrigo Álvarez Cambón (Coristanco).
- Hugo Castiñeira Santos (EMF Vimianzo).
- José Antonio Andrade Castiñeira (EMF Vimianzo).
- Breogán Cancela Chouciño (Malpica A).
- Manuel Abelenda Cagigao (Malpica A).
- Javier Blanco Fariña (Malpica A).
- Brais Costa Suárez (Malpica B).
- Anxo Varela Vázquez (Malpica B).
- Diego García Castro (Ponteceso).
- Hugo Veiga Insua (Ponteceso).
- Enaitz Allo Estévez (Ponteceso).
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.com).