A Selección da Costa sub-15 estreará o seu amarelo “Dortmund” o 1 de novembro
Despois da presentación oficial do cadro técnico das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15, albíscanse xa tempos de competición. A Selección da Costa Sub-15 estrearase oficialmente o vindeiro 1 de novembro no Campionato de Seleccións Comarcais, que se celebrará posiblemente en Valga (Pontevedra). Alí estreará a súas novas cores, amarelo “Dortmun”.
Serán a Fase Previa, onde os costeiros participarán por primeira vez nun campionato oficial, e buscarán praza para meterse na fase final, a pesar de contar con apenas 2 partidos amistosos e un par de adestramentos.
O segundo adestramento, ás ordes dos zaseiros Martín Vecino e Josiño Abelenda, con Pablo Fuentes como axudante e Alberto Pose como delegado, será este xoves 26 de outubro no campo da Rocheira, Coristanco. A partir das 18:30h están citados os seguintes xogadores.
- OUTES: Sergio Martínez (infantil), Álvaro Sanchiño González.
- CEE: Iago Trillo Túñez.
- SOFÁN: Cristian Fernández Barreiro; Raúl Varela e Lucas García.
- DUMBRÍA: Rubén Carnero, Dani González Chao.
- CABANA: Roberto Rodríguez.
- MALPICA: Raúl Reigía e Hugo García Rojo.
- ESTEIRANA: Uxío Riomao e Manuel García Priegue.
- ZAS: Brais Espasandín, Marcos Villar Rossi.
- OS MIÚDOS: Raúl Lado Mayo (infantil).
- MUXÍA: Martín Lodeiro (infantil).
- CAMARIÑAS: Mario Suárez.
- CORISTANCO: Nicolás Abelenda (infantil).
- CERQUEDA: Iván Blanco Fariña (infantil).
- CORME: Miguel Martínez Pose.
- XALLAS: Joel Ameijeiras Grille.
Novas relacionadas
- Outubro 2017: Fontela acolleu a presentación oficial das Seleccións da Costa sub-12 e sub-15:
- Xuño 17: Malpica acolleu a segunda participación da Selección da Costa sub-15.
- Maio 17: A Selección Sub-15 da Costa debutou no Cairo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- FGF.