A Selección da Costa xoga esta fin de semana copeira con poucos sancionados

14:57 09/06/11

Os encontros das semifinais da Copa da Costa manteñen esta fin de semana o horario do domingo ás 18:00h e son poucos os sancionados. De feito, só hai un par de sancionados de cara á fin de semana, e os dous no derbi xalleiro.
Pero a nova máis novedosa da fin de semana é o encontro da Selección da Costa.
Encontro da Selección da Costa
A Selección da Costa da Morte participará nun torneo organizado polo Paiosaco para conmemorar o seu 50 aniversario. Este domingo 12 de xuño a sele xogará un triangular ante as seleccións das Mariñas e da Coruña. O que gañe enfrontarase ao Paiosaco o vindeiro domingo 18 ás 18:00h tamén na Porta Santa.
A convocatoria dos adestradores, Manolín e Repi é a seguinte:
- Porteiros: Norberto (Ponteceso) e Álex (Sofán);
- Defensas: Mario (Baio), Pandi (Corme), Piti e Nico (Fisterra), Dani Rama (Esteirana), Álex (San Lorenzo);
- Medios: Moriño (Camariñas), Aarón (Dumbría), Pablo Vázquez (Ponteceso), Sexo (Muros); Alexandre (Sofán), Luisete e Bolón (Ponteceso), e Mariano (Club do Mar);
- Dianteiros: Neucha e David Blanco (Malpica), Adrián Mackaay (Dumbría) e Luisito (Sofán).
Sancionados para a Copa da Costa
- MICHAEL VILELA TRILLO (CAMARIÑAS).
- ROBERTO PENA DIAZ (XALLAS).
- SERGIO CAMBEIRO AGUILLEIRO "RIVI" (CEE).
- JOSE M BALSAS RABUÑAL (CASTRIZ).
Novos horarios
Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil
- SAN CIPRIAN - SANTA COMBA: sábado 11/06/2011, ás 17: 00 horas.
Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete
- MANUEL PELETEIRO - CABANA: sábado 11/06/2011, ás 19:00 horas.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Crónicas dos Cuartos da Copa: Semifinais servidas con sorpresa.
- Resultados da fin de semana copeira.
- Os clubes da Costa rexeitan o Plan de Competición da Federación e queren manter as 2ª e 3ª Autonómicas.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).