Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana copeira

Resultados da fin de semana copeira

Tremendo o carrusel de fútbol costeiro nesta volta cuartos de final da Copa da Costa, nunha fin de semana aderezada ademais pola final da Copa de Veteranos e unha nova eliminatoria das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Base.

Xa podedes ollar as crónicas dos encontros dos Cuartos Copa da Costa en www.copadacosta.com.

Servidas as Semifinais de Copa

Doble sorpresa na volta dos cuartos, nunha tarde de ida e volta. O Nantón, tras ir caendo 2-0 boa parte do encontro ante o Camariñas, un tanto de Carlos Vidal contra o final mete aos cabaneses na semifinal. E terá que enfrontarse finalmente ao Soneira que remontou a eliminatoria nunha tarde de infarto. O Dumbría se puñar por diante no segundo tempo pero Vituco facía o 2-1 xa co tempo cumplido que dá o pase aos de Manolito.

No outro lado do cadro, o Outes non puido facer nada ante un serio Xallas. E foi o Castriz o que deu a campanada en Cee remontando a eliminatoria por completo cun 0-3 que permite un derbi xalleiro na semifinal costeira.

Copa de Veteranos

Non perdoa este Bergantiños que xa leva 2 dobletes nas dúas últimas temporadas. Os carballeses se impuxeron ao Atl. Milagrosa na final por 5-0, dando conta da diferencia que houbo entre o actual campión de Liga e un dos descendidos á 2ª División.
Así e todo, foi resultado excesivo, máis abultado do visto no campo, cun Bergantiños moi efectivo, e un voluntarioso Milagrosa que quería pero non podía.

Fases de Ascenso

Só quedan dous equipos en liza logo da derrota do Dumbría Cadete ante o Peleteiro. Os que pasaron foron os cadetes de Cabana que superaron ao Negreira e agora terán que eliminar ao propio Peleteiro para demostrar que o traballo na canteira cabanesa dá os seus froitos é por algo.

En xuvenís, o Santa Comba xa puido ter resolto a eliminatoria final ante o San Ciprián. Pero deixa vivo ao equipo da Mariña tras un tanto de penalti na segunda metade na única chegada dos visitantes. O 3-2 deixa todo por decidir en San Ciprián.

Copa da Costa, volta dos cuartos

Copa da Costa de Veteranos, Final

  • At. Milagrosa - Bergantiños (0-5).

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

Fase de Ascenso á Liga Galega Cadete

Novas relacionadas

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios