Sábado. 21.09.2019
El tiempo

A Selección da Costa Xuvenil encheu Muros de solidariedade no seu debut

A Selección da Costa Xuvenil encheu Muros de solidariedade no seu debut
Partido Solidario da Seleccion Xuvenil da Costa coa Seleccion Galega sub12 en Muros 1 Partido Solidario da Seleccion Xuvenil da Costa coa Seleccion Galega sub12 en Muros Preto de 400 persoas encheron de cor e solidariedade este pasado mércores o Eleuterio Balayo para disfrutar e axudar no Partido Solidario artellado polos Miúdos. A Selección Galega sub-16 enfrontábase á nova Selección da Costa Xuvenil, que se estreaba deste xeito despois das aparicións oficiais da sub12 e sub15. A importancia foi a cantidade (aínda están recontando a familia dos Miúdos) de alimentos recollidos gracias ás aportacións dos propios xogadores e directivos e de todos os siareiros que se achegaron polo campo muradán, e que serven para axudar aos usuarios de Cáritas. A recollida continçua aberta ata o domingo. Houbo unha homenaxe previa a unha directiva de O Miudos, ao que lle fixeron entrega dun obsequio pola súa dedicación ao Club. No deportivo, gañou a Selección Galega sub16 por 5-1, na que destacou o cadete do Bergantiños Willliam Peña, único da zona. A Selección Xuvenil da Costa estivo mellor na segunda metade, pero notóuselle que era apenas a segunda vez que xogaban xuntos. O gol costeiro marcouno o fisterrán Isaac. Estes foron os convocados por Skío (Fisterra) e Mario (Xallas):
  • Samuel Castro Vila (Dumbría).
  • Diego Estévez Canosa (Dumbría).
  • Ryan Kaio Caldeira dos Santos (Outes).
  • Javier Bermúdez Blanco (Corme).
  • Lucas Vicente Vidal (Corme).
  • Víctor Espasandín Bouzas (Xallas).
  • Fernando Pensado Bergantiños (Xallas).
  • Álvaro Farinos Cruz (Esteirana).
  • Juan Formoso García (Esteirana).
  • Ismael Senande Fernández (Os Miúdos).
  • Jesús Rodríguez González (Os Miúdos).
  • Alberto Balayo González (Os Miúdos).
  • Ezequiel Martínez Canosa (Fisterra).
  • Isaac Fábregas Trigo (Fisterra).
  • Adrián Rodríguez (Bergantiños).
  • Víctor Casais (Bergantiños)
  • Pablo Vidal Ferreiro (Zas).
  • Brais Pereira Fernández (Soneira).
Adestramento da Seleccion da Costa Xuvenil no Conco Imaxe do Adestramento da semana da Seleccion da Costa Xuvenil no Conco

A Selección Feminina da Costa en Esteiro

Tócalle agora tomar protagonismo á Selección de David Castro, que disputará un amigable e Esteiro este sábado 29 contra As Miúdas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/futfem-pensando-no-partido-da-seleccion-feminina/ https://quepasanacosta.gal/as-seleccions-da-costa-sub12-e-sub15-tamen-tenen-o-seu-cromo-no-album-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/marta-calvo-debutou-ca-seleccion-galega-sub17/

Comentarios