A Semana Santa de Canota xa prepara a BTT e a Carreira Vikinga


Non fallan por Semana Santa as singulares probas deportiva de Carnota. A VII Ruta BTT e a IV Carreira Vikinga xa non teñen marcha atrás.
Ruta BTT
O día 29 de Marzo, dentro da programación do Vindemo Ver, o Concello de Carnota organiza a VII Ruta BTT. A proba, cunha dificultade media-alta, conta cunha lonxitude de 37 kilómetros aprox.
A recollida de dorsais farase a partires das 8:30 na casa da Concello e a proba dará comezo ás 10:00 da mañán con saída e chegada no mesmo punto que a recollida de dorsais. A proba contará con servizo de gardaroupa, un avituallamento intermedio e outro ó final.
O prezo da inscrición é de 5 € cun límite de inscritos de 300 participantes. As inscricións poderán realizarse na páxina web www.galitiming.com, ata o 25 de marzo ou ata alcanzar as prazas. Para máis información está dispoñible o teléfono 981857032 ou no correo electrónico maria.leston@carnota.es
Carreira Vikinga
O domingo 1 de abri terá lugar o trail da VI Carreira Vikinga da Semana Santa de Carnota. A saída será diante da casa do concello e vai dirixida a todos/as os/as corredores/as dende os 4 anos, xa que haberá tres categorías.A partir dos 16 anos, os corredores que lle guste o deporte e a montaña poderán percorrer 19 kms nunha paraxe natural incomparable polos montes de Carnota, de pasos por cortafogos ou por fervenzas. Este ano como novidade, inclúese a categoría M50, e subirán ó pódium os/as 3 primeiros/as clasficados/as xunto coa categoría sénior.
Xa vos podedes anotar en www.galitiming.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).