A Travesía a nado das Illas Sisargas xa ten data
Xa temos data para a V Travesía Illas Sisargas - Malpica. O domingo 10 de agosto, ducias de nadadores participarán nesta apaixoante travesía en mar aberto.
Xa o ano pasado a proba fora un rotundo éxito. Un centenar de nadadores de toda Galicia desafiaron ao máis bravo Atlántico para unir a illa con terra firme. En barco saíron ata a senlleira Illa Lobeira para volver sen máis axuda que os brazos e as pernas.
O prazo de inscrición abrirase o 1 de abril.
Unha travesía con historia
E falamos dunha travesía con historia ademais. Contan dende a organización que aló polo 1933 xa un tal Domingo Suárez nadou entre as Illas e a praia malpicá, convertíndose no primeiro nadador que facía o percorrido, a pesar da hipotermia colleitada. De feito, non se recuperou da fazaña e acabaria morrendo apenas 11 meses despois.
Ninguén repetira tal tolería ata que o seu bisneto, Daniel Cambón, no 2011, probou sorte. E conseguiuno, asegurando que repetiría. O pasado ano foron 7 os nadadores que se atreveron e este ano serán máis de 50.
Aquí vos deixamos cun fermosísimo vídeo de Daniel Almeida da Travesía 2013:
Travesía Sisargas-Malpica 2013 from Daniel Almeida Visuals on Vimeo.
Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: As Illas Sisargas.
- Redacción de QPC ([email protected]).