Venres. 26.04.2024
El tiempo

A vaca Mazarica tamén xoga ao Xadrez

A vaca Mazarica tamén xoga ao Xadrez
A vaca mazarica non faltou ao torneo de Xadrez A vaca Mazarica non faltou ao torneo de Xadrez

O Ézaro abría a lata, e Mazaricos ratificou o potencial que vai ter este I Circuito Intercomarcal de Xadrez Activo Deputación da Coruña. Este pasado sábado o edificio Multiusos da Picota acollía I Torneo de Xadrez Concello de Mazaricos, segunda proba puntuable para o circuito, e foi o MI Diego Espiñeira o campión.

O torneo disputouse a 7 roldas con partidas de 10´+5” en horario de mañá e tarde, repartiu 1.000€ en premios. Foron 53 os participantes, e mellorando a calidade. Desta volta, ademais do campión, un MI, houbo 4 MF, con xogadores de diversos puntos de Galicia (e fora) como León, Sanxenxo, Vilagarcía, Boiro, Padrón, Santiago, Ferrol, Coruña, Arteixo, Carballo, Malpica, Zas, Muxía, Corcubión e os xogadores locais de Mazaricos.

Torneo de Xadrez de Mazaricos

Premiados

Campions do Torneo de Xadrez de Mazaricos Premiados do Torneo de Xadrez de Mazaricos Resultou vencedor o MI Diego Espiñeira de Padrón con 6 puntos.Tras un bo comezo con 5 de 5 decidiu asegurar a vitoria con 2 táboas nas 2 últimas roldas. Con 5,5 puntos quedaron 4 xogadores deparando o desempate que 2º fose Julio González do Fontecarmoa de Vilagarcía. 3º foi o MF Antonio Pazos de Ferrol, 4º Walter López tamén ferrolán e o vencedor na 1ª proba de Dumbría e que de momento é o líder da xeral do circuíto, 5º foi o MF Luís Medarde de USC de Santiago.

Con 5 puntos quedaron 6º o tamén ferrolán MF Pablo Fernández (era o nº1 do ranking), 7º Gumersindo Rocha do Capablanca, 8º MF Dan Cruz do Fontecarmoa, 9º Francisco Leal do Clubexa Coruñés. Con 4,5 puntos meteuse na xeral de 10º Eugenio Martínez de Sanxenxo, mellor sub-2000 foi José Soneira (Corcubión 11º con 4,5), mellor veterano foi Manuel Arias (Clubexa 14º con 4,5), mellor sub-18 foi Diego Bugliot (Clubexa 15º con 4,5), mellor sub-1600 foi Juan Carlos Siso (Clubexa 18º con 4 puntos), mellor feminino foi Lucia Cabanillas (Capablanca 47º con 2), 1º local Francisco Amigo (35º 3), 2º local Benito Martínez (36º con 3), 3º local Joel Vilar (46º con 2).

Nas categorías inferiores foi 1º sub-16 Daniel González (Arteixo 19º con 4), 1º sub-14 Luca Rei (Vilagarcía 27º con 3,5), 1º sub-12 Sergio Castro (Carballo 38º con 3), 1º sub-10 Alejandro Rama (42º con 3) e 1º sub-8 Darío Lema (Mazaricos 48º con 2), ademais grazas a cortesía de supermercados Gadis sorteouse un cheque regalo de 20€ que foi para Álvaro da Ponte de León.

Na clausura estiveron presentes representando ao Concello de Mazaricos, ademais do técnico de deportes Nito Estalote, o concelleiro de deportes Esteban Pereiro e o alcalde Juan Blanco que foron os encargados de entregar os premios.

Torneo de Xadrez de Mazaricos 2

Como “colofón” para pechar a xornada houbo un bo churrasco e unha fresca visita a unha praia fluvial próxima onde moitos dos xogadores e acompañantes gozaron dun baño refrescante durante todo o día.

Calendario de torneos

A próxima cita do circuíto é o luns 25 de xullo co XVII Aberto e X Memorial Miro Concello de Arteixo, máis información na web oficial do circuíto http://www.pokeryajedrez.com

Circuito Xadrez Deputacion Coruna Este é o Calendario completo: Xullo: – Sábado 9 torneo en Dumbría. – Sábado día 16 torneo en Mazaricos. – Luns día 25 torneo en Arteixo. – Sábado día 30 torneo Finis Terrae Centro Comercial en Cee. Agosto: – Sábado día 6 torneo Val do Dubra. – Luns día 15 de agosto Sada. – Sábado día 20 de agosto A Laracha. Setembro: – Sábado día 3 Carnota. – Domingo día 4 Muxía. – Sábado día 10 Cabana de Bergantiños. – Sábado día 17 Carballo. – Sábado día 24 Cerceda.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios