A xornada aprazada por Ana déixanos un Nadal cheo de Fútbol da Costa
15:05 14/12/17
Boxing Day tamén no Fútbol da Costa
Despois do aburrido domingo sen fútbol e ca mente posta xa nesta xornada que trae partidos como o derbi Buño S.D. – U.D. Cerqueda, a Federación Galega vén de anunciar as datas para desputar a xornada aprazada polo temporal Ana.
As datas fixadas de oficio (se os clubs non se poñen dacordo noutras) son: o 23 de decembro para as categorías base, o 31 para Preferente e o 11 de febreiro para 1ª Galicia (manteremos todas as novidades actualizadas en www.futboldacosta.com.
31/12/17: Boxing Day da Preferente
Entre as datas destaca a cita co “Boxing Day” da Preferente Norte, xa que o día 31 resérvase en exclusiva para que todo o fútbol galego centre a atención na categoría. A xornada comezará ás 12:00h. A FGF fai referencia ao "Boxing Day" aínda que este día se celebra en Inglaterra o 26 de decembro, cunha completa xornada na Premier League. En todo caso, os clubs poderán chegar a un acordo para xogar noutra data pero terán que comunicalo antes do día 19.23/12/17: Fútbol Base
Unha vez que os partidos deben desputarse antes do 31 de decembro, a Federación pon de límite para chegar a un acordo o 19 deste mes, poñendo de data oficial para a xornada de Xuvenís a Biberóns, o 23 de decembro ás 16:00h.11/02/18: 1ª, 2ª e 3ª, e Fútbol feminino
De igual xeito, os equipos poderán poñer data ata o 19 de decembro, pero a data límite é o 11 de febreiro, sendo este domingo de Entroido o proposto com data oficial para a disputa da xornada.Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).