Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xornada: arde Galicia

A Xornada: arde Galicia
Nun día de abafante calor e a tristura que nos produce ver esas imaxes do lume coméndose a nosa terra, o fútbol costeiro non parou, polo menos totalmente, pois si que vimos pausas temporais para abastecer ós xogadores de auga, pois era bastante difícil aguantar xogando coa temperatura que estábamos a soportar. En Preferente Norte tivemos dous partidos adiantados o xoves, con vitoria do Sofán e derrota do Xallas. Hoxe pola tarde o Dumbría non foi quen de traer puntos de Callobre, caendo por 2-1. En Arliña, que luce o seu novo sintético, parouse para refrescarse, ante a altísima temperatura   A 1ª Galicia foi unha sorte de traxedia grega para Fisterra, Baio e San Lorenzo, que non atoparon o camiño para sacar nin un punto. Especialmente significativo é o caso dos de Verdillo, que non foron quen de ganar a un rival directísimo na súa casa. So o Soneira, imparable, logrou vencer ó Silleda e colócase cerca da cabeza da taboa. Na Liga da Costa, partidazos. O líder Mazaricos remontou ó Lira do re-debutante Vituco, e en Esteiro houbo igualada entre a Esteirana e Puenteceso, agora perseguidores do Mazaricos. O Muxía sitúase cuarto despois dunha gran vitoria ante o Cee, e pola parte baixa puntuou o Malpica por vez primeira ante un equipo necesitado coma o Zas, e ó Coristanco escapáronselle os puntos no minuto 95 ante o favorito Corme. O Buño segue coa súa boa xeira despois de derrotar ó Baíñas, e o Camariñas tras vencer ó Outes. Montelouro e Cerqueda igualaron a cero en Louro. En 3ª Galicia,  temos novo líder tras o descanso forzado do Cabana. É o Nantón, vencedor do Porteño. O Ameixenda, segue colider a pesar de ser derrotado nun partido loco polo Corcubión. Muros, Castriz, Volantes e Laxe avanzan coas súas vitorias desta tarde.

Comentarios