Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A Xornada: xa temos campión da Costa, a Esteirana

A Xornada: xa temos campión da Costa, a Esteirana
Xa temos campión¡ E será a Esteirana quen levante o entorchado costeiro, contra todo pronóstico conseguiuno a dúas xornadas do final, canto todo facía preveer un remate e liga apaixoante e con emoción ata os últimos intres. Pero os continuos erros dos rivais, 9 derrotas sumaron entre os 3 perseguidores nas últimas xornadas, e a marcha imparable dos Pladur, Rama e cia, que venceron 7 dos seus últimos 8 partidos, o trofeo xa está nas vitrinas do Xosé Luis Vara. Vaia festa espera en Esteiro esta noite¡ No resto da xornada, e nas pugnas que quedan en liza, destacar que o Mazaricos, a pesar de igualar en Camariñas, distanciase na plaza de promoción ante un Corme e un Baíñas que parece que dimitiron das súas aspiracións. Para o descenso, a cousa parece que é de 4 equipos: Camariñas, Outes, Coristanco e Cee, pois Lira e Buño deron hoxe pasos de xigante para saír dos postos perigosos.  Na promoción de ascenso a 2ª, Porteño e Ameixenda disputarán a final. O Porteño dou a sorpresa en Cabana ó imporse ó equipo local 1-2, e o Ameixenda venceu pola mínima a un Camelle mermado polas baixas. Na 1ª Galicia, no derbi de Ara Solis saíu triunfador o Baio, que coa tremenda xeira de 4 triunfos seguidos escapa da zona de perigo. O Fisterra terá que seguir remando. O San Lorenzo caeu tamén ante o Bertamiráns, e realmente teno moi difícil e co paso das xornadas cada vez peor. O Soneira, pola súa parte, segue a facer unha tremenda 2ª volta, e tras vencer ó Tordoia atópase a 7 puntos do título. Todo pode pasar. Nefasta a xornada en Preferente Norte, con tres derrotas, e ademáis abultadas. O que máis guerra dou foi o Xallas no Anxo Carro, pois o Polvorín só os puido derrotar contra o final. Dumbría e Sofán caían estrepitosamente en Paiosaco e Betanzos respectivamente. E empezou o espectáculo da Copa da Costa, coa vitoria do Seaia ante o Castrelo pola mínima e o tremendo Laxe 4 - Corcubión 5, na fase previa.

Comentarios