![Lorena Costa nunha proba desta campaña]()
Lorena Costa nunha proba desta histórica campaña
A gran festa do Slalom tivo lugar un ano máis no Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, coa celebración da proba que pon tradicionalmente fin a tempada nas categorías superiores: os Campionatos Galegos de Slalom. Nun día de calor, e cunha boa organización do clube local, o CDM Piragüismo Dumbría, que para sacar adiante a proba contou coa colaboración do Concello de Dumbría, da Federación Galega, e da empresa Ferroatlántica que garantizou o caudal ideal para a celebración da proba.
Na categoría absoluta,
Lorena Costa se fixo co triunfo absoluto a pesar de ser aínda xuvenil de primeiro ano, pondo punto e final a
unha tempada na que o seu debut coa equipa nacional nos Campionatos do Mundo Sub18 foi o fito máis destacado. Xunto a ela Laura Antelo subía ó podium no seu retorno á competición galega despois de uns anos na que estivo máis centrada nos seus estudos universitarios, logrando o bronce. Iago Canosa era a outra clara opción de medalla do clube costeiro, pero a metade de percorrido se lle partíu a pala, co que perdía tódalas opcións de acceder a un posto de medalla, e alarga así a súa mala racha nas últimas edicións dos Campionatos Galegos.
Na categoría xuvenil
Brais Pérez rematou liderando con solvencia a primeira manga, pero finalmente foi 3º nas finais, logrando unha medalla que fai xustiza á súa tempada. Nesta mesma categoría pero no cadro femenino Xiana Castro rozou o podium co seu cuarto posto.
Por último na categoría cadete, a principal opción de medalla era a de
Marcos Sánchez, pero unha lesión muscular lle obligou a abandonar as súas opcións de medalla, completando a participación dumbriesa
Francisco Romar que tamén foi finalista.
Agora xa só quedan dúas competicions da Copa Galega de Promoción de Slalom, que agrupa as categorías dos máis cativos, e que terán lugar en Goian e Mondariz, e coas que o CDM Piragüismo Dumbría porá fin definitivamente a esta tempada 2018.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-padeixeira-costeira-lorena-costa-rama-participa-coa-seleccion-espanola-nos-campionatos-do-mundo-de-slalom-junior/
https://quepasanacosta.gal/unha-medalla-de-jorge-quintans-salva-un-mal-campionato-de-espana-do-cdm-piraguismo-dumbria/