Abertas as inscricións para a Travesía a nado Solidaria entre Camariñas e Muxía

10:06 05/06/18

Travesía solidaria
Como todos os anos, esta competición terá un carácter solidario, e todo o recadado irá para as arcas da Asociación Integral de Rescate de Emerxencias (A.I.R.E.) en favor das refuxiadas e refuxiados. Como actividade paralela, completando a desenvolvida o ano pasado nos CEIPs de Camariñas, este martes 5 de xuño, terá lugar no IES Ramón Caamaño de Muxía, unha charla educativa dirixida aos alumnos de secundaria. Será impartida por Diego Velázquez, bombeiro e tesoureiro de A.I.R.E. e Dona Teresa Mendi, coordinadora da mesma ONG, co obxectivo xeral de sensibilizar e promover espazos de reflexión sobre os procesos relativos ás migracións forzosas e ás condicións de vida e situacións sociais das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo. Na 3ª Travesía a nado Camariñas – Muxía colaboran: ONG A.I.R.E., Conservas Boya, Club Náutico Camariñas, Cocacola e CDM Piragüismo Dumbría.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-travesias-illas-sisargas-balares-e-fisterra-entran-no-circuito-costa-abanca/ https://quepasanacosta.gal/gomez-noya-demostrou-o-seu-poderio-vencendo-o-gran-fondo-e-na-travesia-a-nado/Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).