![]()
Ata o 15 de xuño, ou ata acadar as 1.250 prazas nas categorías sénior e veteranos e 750 no resto, está aberto o prazo de inscrición para a 10K Carballo a través da páxina web
championchipnorte.com. Este ano, ademais da categoría absoluta para nacidos ata o ano 1999, volverá a haber unha categoría absoluta adaptada en
handbike ou cadeira de rodas, co mesmo percorrido de 10.000 metros, que sairá ás 10:55 horas (cinco minutos antes que a outra).
Os dorsais e os chips poderán recollerse no edificio do mercado municipal ben o 17 de xuño, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, ou o mesmo día da carreira, o
domingo 18 de xuño, dende as 08:45 horas ata 30 minutos antes da saída de cada categoría. As persoas inscritas deben presentar DNI, licenza federativa e resgardo da inscrición.
Ademais da Deputación da Coruña, o concello de Carballo conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e de varios patrocinadores para o desenvolvemento da carreira, totalmente gratuíta para os participantes.
A 10K discorrerá por un
circuíto totalmente urbano de 10.000 metros, homologado pola Federación, aínda que as distancias variarán en función das categorías a partir dos 50 metros dos biberóns. As persoas que precisen máis información poden poñerse en contacto con Carballo Deporte nas oficinas da rúa Vila de Corcubión ou no número de teléfono 981 702 109.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo